A lingua cuiba é unha lingua indíxena da familia guahibana, falada por unhas 2 300 persoas do pobo cuiba en Colombia e unhas 650 adicionais en Venezuela. Máis da metade dos falantes de cuiba son monolingües. O cuiba tamén é coñecido como cuiva, cuiba-wámonae, kuiva, chiricoa, hiwi e maiben. En Colombia é falado na rexión arredor dos ríos Meta, Casanare e Capanaparo. En Venezuela, a lingua é falada no estado de Apure, un dos estados que fan fronteira con Colombia, a carón do río Capanaparo. O cuiba está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pobo cuiba
Categoría:Linguas guahibanas Categoría:Linguas de Venezuela Categoría:Linguas de Colombia