A lingua kurripako é unha lingua indíxena da familia arauaca falada en Colombia, Venezuela e o Brasil. É falada de maneira habitual polo 42% do pobo kurripako e é comprendida polo 86,4% das persoas desta etnia indíxena.Ministerio de Cultura (2011) "Kurripako". Autodiagnósticos Sociolingüísticos. Bogotá. Segundo datos de 2001 a 2007 tiña entre 12.200 e 13.800 falantes. O kurripako está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Distribución Os falantes de kurripako habitan nas bacías dos ríos Isana e Guainía, así como no baixo Inírida, o Atabapo e o alto Orinoco no departamento colombiano de Guainía; entre o río Guaviare e o Orinco, en Vichada, Colombia; no estado venezolano de Amazonas e no Ayarí e São Gabriel da Cachoeira do Brasil.
Notas
Categoría:Linguas arauacas Categoría:Linguas de Venezuela Categoría:Linguas do Brasil Categoría:Linguas de Colombia