Chiara Sacchi, nada en Buenos Aires en 2002, é unha activista polo clima arxentina.
Vida persoal Chiara Sacchi naceu e creceu en Haedo, Buenos Aires, e estudou en Elmina Paz de Gallo, en El Palomar. Segundo unha entrevista realizada por Slow Food, Sacchi creceu nunha contorna familiar na que sempre estivo moi preocupada pola alimentación saudable, e por iso moitas das súas accións como activista polo clima viran ao redor deste tema. Tamén destacou en varios discursos e entrevistas que se viu impulsada a actuar polo cambio climático xa que a aterrorizaban os cambios bruscos de temperatura na súa terra natal.
Activismo Chiara Sacchi formou parte do histórico movemento "A mocidade contra a crise climática", xunto con Greta Thunberg e outros 16 mozos activistas. Tratábase dunha iniciativa que pedía ao Comité dos Dereitos do Neno das Nacións Unidas que responsabilizase a Arxentina, Brasil, Francia, Alemaña e Turquía pola súa inacción ante a crise climática. Esta petición foi a primeira denuncia formal presentada por un grupo de nenos menores de 18 anos sobre o cambio climático no marco da Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno.
Sacchi participou como activista militante na Rede Slow Food Arxentina, un grupo global que traballa para a protección da biodiversidade e a alimentación boa, limpa e xusta. Con respecto ao activismo relacionado coa alimentación saudable, tamén participou en Terra Madre Salone del Gusto e nas actividades da comunidade Cocina Soberana de Buenos Aires, unha comunidade alimentaria que forma parte do movemento Slow Food en Buenos Aires. Foi unha referencia sobre soberanía alimentaria:
Promovo os principios de Slow Food porque creo que hai outras maneiras de producir comida, que non sexan daniñas coa natureza e as persoas...Os gobernos non só non están a tomar medidas para regular e previr os danos causados polo sistema alimentario, se non que ademais están a permitir que sustancias tóxicas continúen contaminando nosa comida.
Sacchi é tamén unha activista comprometida coa acción climática colectiva:
Todo gran cambio provén das masas, do pobo... Cando falo de saír á rúa, falo de mobilizar, de crear forza colectiva.
Coñecida polo seu lema "Devólvannos o noso futuro", Sacchi forma parte dun crecente movemento xuvenil que promove a equidade interxeneracional na acción climática.
Notas
Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Activistas da Arxentina Categoría:Ecoloxistas da Arxentina