Carabus galicianus é unha especie de insecto coleóptero da familia dos carábidos, endémico do noroeste da Península Ibérica (Galicia e o norte de Portugal).
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1839 polo entomólogo francés Hippolyte Louis Gory.Carabus galicianus Gory, 1839 no GBIF. Consultado o 18 de abril de 2021.
Etimoloxía Para a do xénero, véxase Carabus
O epíteto específico, galicianus, refírese a que foi descrito a partir dun espécime capturado en Galicia.
Sinónimos Ademais de polo protónimo cuñado por Gory, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Carabus beirensis Born, 1924 Carabus gallaecianus Chevrolat, 1840 Ctenocarabus galicianus (Gory, 1839) Megodontus galicianus (Gory, 1839)
Características Dentro das especies do grupo Carabus presentes en Galicia é unha das máis sobranceiras. O corpo é completamente mouro a excepción dos seus fémures que son vermellos. Os élitros están percorridos por costelas lonxitudinais, sendo moi semellante, salvo a coración, a Carabus melancholicus. Semella presentar un dimorfismo sexual respecto ao tamaño, cunha media de 25,0 mm nas femias e 22,5 mm nos machos, aínda que a mostra empregada, moi cativa (n=12), puidera falsear os datos.Carabus (Ctenocarabus) galicianus Gory, 1839 na web da Sociedade Galega de Historia Natural.
Hábitat e distribución
Trátase dun coleóptero endémico do noroeste da Península Ibérica. A súa distribución coñecida limita polo sur en Coímbra (Portugal) e polo leste na parroquia de Arbón (Villaión, Asturias), na conca do río Navia. Está asociado a cursos de augas limpas. Os seus requirimentos biolóxicos baséanse en augas ben oxixenadas con praias de area, estas últimas para o desenvolvemento larval.
É unha especie estenotópica (que ten un rango estreito de adaptabilidade aos cambios nas condicións ambientais) e moi higrófila (que precisa un ambiente húmido para o seu desenvolvemento.
Bioloxía miniatura|300px|Hábitat típico de Carabus galicianus A súa bioloxía está detalladamente descrita no traballo de Andrade (1980). A especie encóntrase sempre ligada a augas límpidas, de corrente rápida, que discorran sobre leitos pedregosos, con bordos con boa cobertura arbórea que cree condicións de forte umbría. Ademais, debe haber zonas no curso do río semisecas, a modo de praias, para que o insecto poida desenvolver a súa actividade. En xeral, encóntrase dentro do leito fluvial, baixo pedras parcialmente mergulladas, xa que é parcialmente subacuática.
Polo día atópase agochado nas pedras das beiras dos ríos, mantendo a súa actividade pola noite. A alimentación consiste en lesmas e miñocas. Andrade, principal coñecedor desta especie, calcula que presenta tres ou catro xeracións por ano. Este número de xeracións débese a unha temperá actividade desde principios de marzo, prologándose até outubro, mes no que entrarían en hibernación, tanto como adultos como en fase larval.
Porén, segundo Andrade, nun hábitat de clima benigno a especie non chaga a hibernar, ou ten unha diapausa moi curta. Para hibernar elixe, en xeral, noiros máis ou menos próximos ao curso da auga.
As datas extremas nas que se encontrou en actividade van dende o 7 de febreiro até o 12 de setembro. A altitude non semella ser un obstáculo, pois existen citas desde altitudes menores aos 100 m até Pena Trevinca, a máis de 1 000 m,. No interior da provincia de Pontevedra tense atopado a 750 m.
Cómpre sinalar que as larvas desta especie foron identificadas e estudadas por Andrade, que recolleu convivindo con adultos, nas provincias da Coruña e de Pontevedra, chegando coa súa descrición a corroborar a súa proximidade coa subespecie Carabus (Rhabdotocarabus) melancholicus costatus Germar, 1824.
Andrade sinala que é unha especie moi sensíbel á contaminación da auga e á deforestación das marxes, debido a que é moi umbrófila. Por iso é unha excelente indicadora do grao de contaminación das augas.
Ameazas A contaminación dos ríos, por tanto, implica a súa desaparición, sendo substituído por Carabus melancholicus. O coleccionismo indiscriminado podería provocar algunha extinción local, aínda que a súa capacidade reprodutiva puidera solventar esta cuestión de non coincidir con outros factores. O descoñecemento da súa capacidade de desprazamento e potenciais inimigos naturais, unido á crecente degradación biolóxica dos ríos e as minicentrais, permítelle considerar á SGHN a esta especie como vulnerábel.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Andrade Malde, Julio (1980): "Notas sobre la biología de Ctenocarabus galicianus, Gory". Nouv. Rev. Ent. X: 19-28. Campos Gómez, Ana M. e Francisco Iovoa Docet (2006): Los Crabidae (Orden Coleoptera) de Galicia (N.O. de España). Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC. ISBN 978-84-9750-629-8. Prieto Piloña, Fernando e Valcarcel, Javier P. (1996): "Catálogo bibliográfico de los Caraboidea (Coleoptera) de Galicia (N.O. de la Península Ibérica)". Zaragoza: Suplemento nº 1 del Boletín de la Sociedad Entomológica Aragonesa.
Outros artigos Carábidos Carabus
Ligazóns externas Carabus galicianus Gory en Notman, Howard (1915): Colleoptera Illustrata. Vol. I, nº 1. Carabidae. Brooklyn, Nova York. Vídeo de C. galicianus cazando una larva de típula. YouTube.
Categoría:Adephaga Categoría:Insectos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1839