Itäinenkatu (en galego rúa Oriental) é unha rúa peonil da cidade de Tampere, en Finlandia. Está localizada no centro da cidade, na área da antiga fábrica de Finlayson. A rúa discorre de norte a sur dende Finlaysoninkadun ao norte ata Satakunnankatu ao sur. Cruzando Sataknnankatu a ruta prolóngase pola rúa Aleksis Kivi.

Itäinenkatu forma arte da paisaxe industrial do Tammerkoski, clasificado por Museovirastoo dende o 2009 como Sitio Cultural Construído de Interese Nacional. Actualmente no edificio Plevna opera un cine e ao longo da rúa hai restaurantes e outros negocios.

Historia e nome miniatura|Katuvapriikki. Itäinenkatu foi parte anteriormente da rúa Aleksis Kivi. Itäinenkatu era o antigo nome da rúa Aleksis Kivi, que foi eliminado do plano urbanístico da cidade ná década de 1930, cando a rúa mudou o seu nome en honor ao escritor Aleksis Kivi. Na década de 1990 mudou o plano da cidade para a área de Finlayson e reintroduciuse o antigo nome da rúa. O nome Itäinenkatu é unha abreviatura do aínda máis antigo nome da rúa Itäinen pitkäkatu.

Construcións miniatura|Näkymä Finlaysonin portilta kohti Aleksis Kiven katua. Itäiselläkadulla posúe unha serie de lugares de valor arquitectónico, cultural e de paisaxe urbana que están protexidos polo plano urbanístico.

Finlaysonin portti (1922), situda no extremo sur da rúa, ao carón de Satakunnankatu. É a entrada principal para as persoas que camiñan pola área de Finlayson.Tampereen Keskustori: Rakennetun ympäristön historia ja nykytila, s. 43. Plevna (1877), encóntrase no lado occidental da rúa. É unha antiga sala de tecidos, onde se introduciu a primeira iluminación eléctrica dos países nórdicos e logo do imperio ruso. Siperia (1899), situada no lado leste, na esquina con Satakunnankatu. É unha antiga fiandeira. Katuvapriikki ou Porttitehdas (1860), tamén no lado leste, ao carón de Siperia. É unha gran porta con reloxo, través da cal se accede á praza de Väinö Linna. Kehräämö tamén Puutarhatehdas (1891), situada ao longo de Finlaysoninkatu. O edificio marca o límite norte de Itäinenkatu.

Notas

Categoría:Rúas de Tampere