Irene Duhart Long, nada en Cleveland o 16 de novembro de 1951 e finada o 4 de agosto de 2020, foi unha doutora estadounidense funcionaria da Administración Nacional de Aeronáutica e do Espazo (NASA) dos Estados Unidos. Foi a primeira muller directora do departamento médico do Centro Espacial John F. Kennedy.

Traxectoria Irene Duhart Long era filla de Andrew e Heloweise Davis Duhart. Graduouse no East High School en Cleveland e obtivo a súa licenciatura en bioloxía da Northwestern University en 1973. Inscribiuse na Escola de Medicina da Universidade de San Luís e obtivo o seu título en 1977. Continuou con residencias na Clínica Cleveland, o Hospital Monte Sinai de Cleveland e a Wright State University de Dayton, Ohio, onde recibiu a súa Mestría en Ciencias en Medicina aeroespacial.

Long comezou a traballar como médico para a Administración Nacional de Aeronáutica e do Espazo (NASA) en 1982. Foi nomeada directora da Oficina de Investigación e Operacións Biomédicas no Centro Espacial John F. Kennedy en 1994. Recibiu o nomeamento de directora médica e directora asociada de Servizos de Porto Espacial no ano 2000. Retirouse á idade de 63 anos e foi sucedida por David Tipton en 2013. Traballou para a NASA durante 31 anos.

Recoñecementos

1986 - Kennedy Space Center Federal Woman of the Year Award 1995 - Society of NASA Flight Surgeons Presidential Award 1998 - Women in Aerospace Outstanding Achievement Award 2001 - Ohio Women’s Hall of Fame 2005 - Lifetime Achievement Award, Women of Cor Technology Awards Conference 2010 - Strughold Award, Space Medicine Association

Notas

Categoría:Nados en Cleveland, Ohio Categoría:Nados en 1951 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Persoal da NASA Categoría:Médicos dos Estados Unidos de América