A lingua puinave, tamén coñecida como waipunavi ou wanse, é unha lingua indíxena de Colombia e Venezuela, falada polo pobo puinave na rexión do Orinoco, presente no leste de Colombia (Guainía) e o oeste de Venezuela (Amazonas), dende o río Apaporis até o río Guaviare, e sobre todo no río Inírida. Segundo os censos destes países, é falada por pouco máis de 3.300 persoas.
Polo xeral, considérase unha lingua illada, aínda que tamén foi clasificada como parte da familia makú-puinave. Un estudo comparativo considerou posíbel unha relación xenética do puinave cun proto-makú e ademais un eventual substrato aínda non coñecido.
Malia ser unha lingua estudada e recoñecida dende hai décadas, como moitas linguas amazónicas, está en risco de desaparecer. O reducido da poboación que a fala e a dificultade da súa pronunciación para os hispanofalantes poden estar entre as causas. O puinave está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Fonoloxía A lingua puinave presenta os seguintes fonemas:Girón Higuita, Jesús Mario (2008) Una Gramática del Wãênsöjöt (Puinave). Vrije Universiteit Amsterdam. Utrecht: LOT.
Consoantes labial alveolar velar glotal oclusivas xordas nasais fricativas xorda A oclusiva labial [p] realízase como sonora [b] en ambiente nasal e como labializada [pw] ou [bw] ao comezo da palabra. A nasal [m] realízase como labial sonora prenasalizada [mb] ao comezo da palabra antes de vogal oral. A oclusiva alveolar [t] realízase como sonora [d] antes das vogais nasais medias e como a vibrante simple [ɾ] antes das demais vogais nasais. A nasal [n] realízase como alveolar sonora prenasalizada [nd] ao comezo da palabra ao comezo da palabra antes de vogal oral. A oclusiva velar [k] realízase como sonora [g] antes de consoante nasal fricativa e varía libremente con [g] ao final da palabra.
Vogais Orais Nasais coronaisdorsaislabiaiscoronaisdorsaislabiais altas medias baixas As vogais altas coronal [i] e labial [u] realízanse como as aproximantes [j] e [w], nas marxes da sílaba. A alta coronal [i] palatalízase ao comezo da palabra como as sonoras oclusiva [ɟ], fricativa [ʝ] ou nasal [ɲ].
Tons O puinave é unha lingua tonal que presenta tons alto, baixo, ascendente e descendente.
Notas
Categoría:Linguas makú Categoría:Linguas de Colombia Categoría:Linguas de Venezuela