Nicandro Golán Pereiro, nado en Sada en 1905 e finado no mesmo concello o 9 de agosto de 1952,La Voz de Galicia, 10-8-1952, p. 4. foi un mestre e político galego.
Traxectoria Fillo de José María Golán Blanco e Hermenigilda Pereiro Canle. Iniciou os estudos de Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, aínda que en 1929 trasladouse á Escola Normal de Pontevedra.El Eco de Santiago, 20-3-1929, p. 3. En decembro dese ano impartiu unha conferencia no Pósito de Sada sobre o tema "Nuestra emigración en Hispanoamérica".El Pueblo Gallego, 21-12-1929, p. 7. Integrouse no Centro Cultural Obrero de Sada do que foi elixido vicepresidente en xaneiro de 1931.El Pueblo Gallego, 21-1-1931, p. 8. Formou parte do grupo autonomista de Sada creado en novembro de 1932,El Pueblo Gallego, 22-11-1932, p. 13. e participou nos mitins pro Autonomía de 1933, como o de Gandarío celebrado o 12 de marzo.El Pueblo Gallego, 19-3-1933, p. 11.
En xaneiro de 1933 participou no mitin de Campolongo, promovido pola Sociedad Agraria Republicana de Castro, Leiro y Carantoña e pola Federación Agrícola Comarcal de Pontedeume con José Antonio Cabana Rodríguez, presidente desta última entidade e o deputado Ramón Suárez Picallo, do Grupo Galeguista de Sada.El Pueblo Gallego, 18-1-1933, p. 8. Mestre de Samoedo dende 1932, rematou os cursiños de selección do maxisterio en decembro de 1933.El Pueblo Gallego, 28-12-1933, p. 11. Foi mestre do Pósito de Corme (Ponteceso).
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo por seis meses.Boletín Oficial de la Provincia de La Coruña, 5-9-1936, p. 2. Como resultado do expediente de depuración foi suspendido de emprego e soldo por un ano e trasladado fora da provincia.Boletín Oficial de la Provincia de La Coruña, 21-9-1940. Foi destinado a Oviedo. Despois foi mestre en Senra (Ortigueira).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Sada Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1952 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes