Un gonzo ou bisagra é un dispositivo que está constituído por dúas pezas metálicas articuladas que posibilitan o xiro de portas, fiestras ou paneis de móbeis. Unha das dúas pezas vai unida á folla e xira sobre un eixe, permitindo o seu movemento circular.
A variedade de modelos presentes no mercado é enorme e adáptase en forma e tamaño ás súas múltiples utilidades. Os materiais de fabricación pódense concentrar en dous grandes grupos: o plástico e o metal (aceiro, cinc, latón, bronce etc.).
Clasificación Os gonzos clasifícanse segundo: o seu grao de abertura, que varía até os 180°, dependendo do móbel ao que vai destinado; o seu grao de visibilidade, distinguíndose os invisíbeis e os de tipo barril; o seu sistema de colocación, diferenciándose o manual a parafusos e o automático que precisa o uso de maquinaria. miniatura|Imaxe dun gonzo.|centro Notas
Categoría:Materiais de construción