miniatura|Descrición do megaletoscopio. O megaletoscopio é un mecanismo óptico xurdido a partir da evolución do aletoscopio (patentado en 1861), deseñados ambos aparellos polo fotógrafo suízo Carlo Ponti.​ Este aparello foi deseñado nos anos 1860.

En máis dunha ocasión confundiuse o megaletoscopio co estereoscopio, pero o deseño e o efecto deste segundo aparello son completamente distintos. Porén, o megaletoscopio garda certas similitudes co aletoscopio, pois ambos son capaces de ofrecer unha certa ilusión de relevo utilizando a cromoestereopsis.

Historia En 1860, Carlo Ponti, óptico do rei Vittorio Emanuele II dei Savoia, creou un aparello denominado aletoscopio, para a visualización de tanto pinturas como fotografías. A idea principal deste mecanismo era a visualización de vistas opacas e transparentes de grandes dimensións para impresionar aos usuarios. As edicións máis especiais e mellor deseñadas deste aparello eran o que se coñecía como megaletoscopios.

Mecanismo A función deste mecanismo consiste na observación de imaxes a través dunha gran lente que permite crear unha ilusión óptica de gran profundidade de campo e perspectiva nas imaxes visualizadas. As copias á albumina se retroiluminan cunha fonte de luz situada dentro da cámara (normalmente unha lanterna de aceite ou queroseno) ou alumadas pola luz do día a través dun sistema de portas abertas.

Unha serie de espellos dispostos no interior da máquina conduce a luz cara á parte frontal das imaxes. Os efectos obtidos en función da cantidade de luz que entra conséguense ao pintar a parte traseira da albumina fotográfica. Para crear a ilusión de alumamento, as imaxes teñen buracos en cada lado da «impresión». Estes son case invisíbeis dende a parte frontal, e hai certas seccións que foron recortadas para que o papel que se introducise na máquina puidese ser máis fino.

Nas primeiras probas con este mecanismo, preparouse unha serie de fotografías específicas para utilizar co megaletoscopio. Estas imaxes eran translúcidas e coloridas, a fin de crear uns efectos visuais máis dramáticos. Un destes efectos era alumar as imaxes a partir de luz escura para ofrecer a sensación de que a luz era nocturna. Cando a parte superior do aparello se abría e a luz chegaba directa á parte frontal da imaxe víase unha escena con «luz de día». Cando esta parte superior se pechaba e a luz viña de atrás, a escena convertíase en nocturna.

Onde atopalos miniatura|Un megaletoscopio na biblioteca da Universidade de Princeton. Graphic Arts Collection: Rare Books and Special Collections, Biblioteca Firestone na Universidade de Princeton. A casa de George Eastman. Nela atópanse cada ano centos de persoas interesadas na fotografía. Nesta casa atópase unha das máis grandes coleccións de megaletoscopios do mundo. Museo do Romanticismo, Madrid. Nesta exposición, que durou do 24 de xaneiro ao 13 de maio de 2018, «Vese a miña sombra, pero eu quédome» vese unha serie de imaxes e aparellos (entre eles, o megaletoscopio) que levan ao espectador ao século XIX. « L'experiència màgica del cinema», no vestíbulo do edificio histórico da Universidade de Barcelona.​ Museo do Precinema, en Italia.

Notas

Categoría:Instrumentos ópticos Categoría:Fotografía