Ahmed Ibrahim Awale () é un ambientalista, botánico e escritor de Somalilandia.

Awale naceu na vila de Adadlay, 95 km ó leste de Hargeisa, e vivía preto da montaña Gaan Libah. Estudou na Universidade Nacional de Somalia.

É o presidente da Fundación da Biodiversidade de Somalilandia e presidente da organización de Somalilandia "Candlelight", que traballa nas área do medio ambiente, educación e saúde. Está afiliado á Universidade de Hargeisa, e escribiu libros en inglés sobre a arqueoloxía e historia natural de Somalilandia, así como traballos en Somalia.

Tamén é coñecido polo seu descubrimento dunha nova especie de Aloe, o Aloe sanguinalis, que atopou medrando nun ambiente salvaxe preto de Alala Adka () en 2014. A abreviatura do autor botánico Awale refírese a el.

En 2020, unha especie de escorpión, Pandinurus awalei, foi nomeada na súa homenaxe.

Notas

Categoría:Ecoloxistas Categoría:Nados en Somalia Categoría:Nados en 1954 Categoría:Botánicos