Ricardo Gonzalo Pedro Montalbán y Merino, nado na Cidade de México o 25 de novembro de 1920 e finado nos Ánxeles o 14 de xaneiro de 2009, foi un actor mexicano-estadounidense.
Traxectoria Montalbán naceu na Cidade de México, fillo dos inmigrantes españois Genaro Balbino Montalbán Busano, encargado de almacén, e Ricarda Merino Jiménez. Tivo tres irmáns: Pedro, Carlos e Carmen. A súa familia trasladouse a Torreón, Coahuila, onde creceu e realizou estudos comerciais na Escola de Comercio Treviño. De adolescente mudouse aos Ánxeles para vivir co seu irmán Carlos. Instaláronse en Nova York en 1940 e Montalbán conseguiu un pequeno papel na obra Her Cardboard Lover.
En 1941 Montalbán volveu a México porque a súa nai estaba a piques de morrer. Alí actuou en polo menos doce filmes e converteuse nunha estrela local. Deuse a coñecer nos Estados Unidos co filme Fiesta (1947), onde formou elenco con Esther Williams e Cyd Charisse. O filme foi moi popular e asinou coa Metro-Goldwyn-Mayer un contrato de longa duración.MEXICAN IS SIGNED FOR LEAD IN FILM Tne New York Times, 25 de setembro de 1945: 34. Repetiu colaboración con Williams noutros dous filmes, On an Island with You e Neptune's Daughter."Obituaries: Ricardo Montalban" The Guardian 16 de xaneiro de 2009: 39. En 1949, tivo un papel en Battleground xunto a Van Johnson e Denise Darcel.
En 1957, participou con Marlon Brando e James Garner no filme Sayonara e con Carmen Sevilla nunha coprodución ambientada en Exipto, Los amantes del desierto. Entre 1957 e 1959 actuou en Broadway no musical Jamaica xunto con Lena Horne. Pola súa actuación foi nomeado ao premio Tony ao mellor actor de musical.FILMLAND EVENT: Ricardo Montalban Will Return Here Los Angeles Times 8 de abril de 1959: A11.
Durante os anos 60 actuou en diferentes programas e series de televisión como actor convidado, sendo un rostro coñecido na pequena pantalla. No mundo do cinema, continuou activo con papeis secundarios, aínda que colaborando con grandes estrelas e directores. Entre os seus filmes destes anos inclúense O gran combate (1964) de John Ford con James Stewart, Richard Widmark, Dolores del Río e Carroll Baker, Madame X con Lana Turner e John Forsythe, e The Singing Nun con Debbie Reynolds e Katharine Ross.
Unha das súas grandes aparicións no cinema foi en 1969, cando protagonizou xunto a Shirley MacLaine a adaptación cinematográfica do musical de Bob Fosse Sweet Charity."Theater: Actor Ricardo Montalban--still a Casanova type", Mary Daniels, Chicago Tribune, 23 de febreiro de 1969: a8. Nel interpretou o sedutor actor Vittorio, papel que o consolidou na industria de Hollywood e aumentou a súa fama.
Entre 1975 e 1986 realizou varios anuncios para a firma de automóbiles Chrysler, entre os que figuran o Chrysler "Córdoba" (1975), a presentación da liña Chrysler "E-CLASS" (1984) e o Chrysler "New Yorker" (c. 1984?)."No Corinths were harmed during the filming of old Ricardo Montalban ads": [Ontario Edition], David Menzies, National Post, 10 de setembro de 2004: DO4.
Unha das súas interpretacións máis famosas foi a da entrañable personaxe Mr. Roarke da serie de televisión Fantasy Island (1978-1984) xunto ao actor francés Hervé Villechaize, que interpretou á personaxe de Tattoo. Grazas a esta serie, fíxose célebre en todo o mundo cando a súa actividade no cinema xa era menor. Tamén, segundo os seguidores da saga Star Trek, foi o mellor malvado desta serie pola súa aparición como Khan Noonien Singh no filme Star Trek II: Khan's Wrath. Recibiu un Emmy ao mellor actor secundario pola serie How the West Was Won en 1978.
Montalbán continuou a traballar ata unha idade avanzada, mesmo nunha cadeira de rodas nos seus últimos filmes por mor das súas doenzas nas costas. Nos anos 70 participou en dous filmes na saga do Planeta dos simios protagonizadas por Roddy McDowall e Don Murray, e tamén en Ladróns de trens (1973), xunto con John Wayne e Ann-Margret."Ricardo Montalban Set for 'Lab' Role", Los Angeles Times, 1 de decembro de 1969: d34."TV REVIEW: Ricardo Montalban Star of 'Aquarians'", Kevin Thomas, Los Angeles Times, 26 de outubro de 1970: e20. A mediados dos 80, recuperou auxe coa serie The Colby, secuela de Dynasty, e máis tarde participou en Murder, She Wrote, protagonizada por Angela Lansbury. Tamén tivo un papel coprotagonista como malvado na comedia The Naked Gun: From the Files of Police Squad!, con Leslie Nielsen e Priscilla Presley. Na década de 2000, Montalbán tivo papeis menores en dúas entregas da saga Spy Kids.
Montalbán faleceu o 14 de xaneiro de 2009 na súa casa dos Ánxeles aos 88 anos. Segundo o seu xenro, Gilbert Smith, morreu por "complicacións pola idade". A causa precisa da morte foi un fallo cardíaco. Está enterrado no Holy Cross Cemetery de Culver City, California.
Vida persoal Montalbán casou coa actriz e modelo Georgiana Young en 1944. Georgiana era medio irmá das actrices Sally Blane, Polly Ann Young e Loretta Young. Despois de 63 anos de matrimonio, Young faleceu o 13 de novembro de 2007 aos 84 anos, un ano e dous meses antes de Montalbán. Tiveron catro fillos xuntos: Laura, Mark, Anita e Victor.
Montalbán era católico practicante e mesmo afirmou que a relixión era unha das cousa máis importantes da súa vida. En 1998, o papa Xoán Paulo II nomeouno Cabaleiro da Orde de San Gregorio Magno.
A súa autobiografía Reflections: A Life in Two Worlds publicouse en xaneiro de 1980 pola editorial Doubleday.
Durante moitos anos seguiu unha dieta e un réxime de adestramento estritos que lle deron un físico envexable. Trala estrea de The Wrath of Khan, o director Nicholas Meyer negou rapidamente os rumores de que Montalbán usara próteses durante a rodaxe.Montalbán's Chest: Real or Fake
Andy García interpretou a Montalbán no filme de 2018 My Dinner with Hervé''.
Filmografía Ano Título Personaxe Notas 1941Soundies Membro do coro/Extra Curtametraxes musicais 1942 Los tres mosqueteros Uncredited El verdugo de Sevilla Jacobito Uncredited La virgen que forjó una patria Soldado Sen acreditar 1943 La razón de la culpa Anunciador en barco Sen acreditar Santa Jarameño Cinco fueron escogidos Stefan 1944 La fuga Tenente 1945Cadetes de la Naval Cadet Ricardo Almagro Nosotros Armando Suárez La hora de la verdad Rafael Meija La casa de la zorra Alberto Salcedo 1946 Pepita Jiménez Luis Vargas 1947 Fantasía ranchera Fiesta Mario Morales 1948 On an Island with You Ricardo Montez The Kissing Bandit Fiesta Specialty Dancer 1949 Neptune's Daughter José O'Rourke Border Incident Pablo Rodriguez Battleground Rodriguez 1950 Mystery Street Lieutenant Peter Morales Right Cross Johnny Monterez Two Weeks With Love Demi Armendez 1951 The Mark of the Renegade Marcos Zappa Across the Wide Missouri Ironshirt 1952 My Man and I Chu Chu Ramirez 1953 Sombrero Pepe Gonzales Latin Lovers Roberto Santos 1954 The Saracen Blade Pietro Donati Sombra verde Federico Gascón La cortigiana di Babilonia Amal 1955 A Life in the Balance Antonio Gómez 1956 Three for Jamie Dawn George Lorenz 1957 Los amantes del desierto Prince Said Sayonara Nakamura 1960 Let No Man Write My Epitaph Louie Ramponi 1961 Rage of the Buccaneers Captain Gordon 1962 Hemingway's Adventures of a Young Man Major Padula The Reluctant Saint Father Raspi 1963 Love Is a Ball Duke Gaspard Ducluzeau 1964 O gran combate Little Wolf The Fantasticks El Gallo Telefilme ¡Buenas noches, año nuevo! Fernando 1965 The Money Trap Pete Delanos 1966 Madame X Phil Benton The Singing Nun Father Clementi 1967 The Longest Hundred Miles Father Sanchez 1968 Sol Madrid Jalisco Blue Ortega 1969 Sweet Charity Vittorio Vitale Desperate Mission Joaquin Murrieta Telefilme 1971 The Face of Fear Sgt. Frank Ortega Telefilme The Deserter Natachai Escape from the Planet of the Apes Armando 1972 Conquest of the Planet of the Apes Armando 1973 Ladróns de trens The Pinkerton Man 1974 The Mark of Zorro Captain Esteban Telefilme 1976 Won Ton Ton, the Dog Who Saved Hollywood Silent Film Star Joe Panther Turtle George 1977 Mission to Glory: A True Story Gen. Lafuente Captains Courageous Manuel Telefilme 1982 Star Trek II: The Wrath of Khan Khan Noonien Singh 1984 Cannonball Run II King 1988 The Naked Gun: From the Files of Police Squad! Vincent Ludwig 2002 Spy Kids 2: The Island of Lost Dreams Grandpa Valentin Avellan 2003 Spy Kids 3-D: Game Over 2006 The Ant Bully The Head of Council Voz
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ricardo Montalbán – Archive of American Television interview Catholics in Media Associates Lifetime Achievement Award Image of Ricardo Montalbán and Florence Henderson in a theater production of "The King and I" in Los Angeles, California, 1965
Categoría:Nados na Cidade de México Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Actores de cinema de México Categoría:Actores de teatro de México Categoría:Actores de televisión de México Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Mexicanos de ascendencia española