Primal é unha serie de animación estadounidense creada e dirixida por Genndy Tartakovsky para Cartoon Network. Primal combina elementos de fantasía, terror, acción e aventura. O primeiro episodio estreouse o 8 de outubro de 2019. A primeira tempada componse de 10 episodios, cuxa primeira metade se estrearon diariamente na primeira semana. A segunda metade da tempada estreouse o 4 de outubro de 2020. O 21 de novembro de 2019 saíu o filme Primal: Tales of Savagery, proxectado no London West Hollywood de Beverly Hills e no que se recollen e recontan os 4 primeiros episodios.

A crítica gabou a serie, particularmente a súa animación, o seu ritmo, a edición e a narración. Gañou 3 premios Emmy de Animación ao mellor artista de guión gráfico (para Genndy Tartakovsky), ao director artístico (para Scott Wills) e ao deseño de personaxes (para Stephen DeStefano).

En agosto de 2020 a serie renovou por outra tempada de 10 episodios, que se estreou o 22 de xullo de 2022.

Sinopse Ambientada nun mundo anacrónico de ficción e fantasía prehistórica, a serie trata a relación entre un home das cavernas e unha femia de tiranosauro (chamados respectivamente “Spear” e “Fang” nas notas e nos créditos) que loitan por sobrevivir ao térense que enfrontar a perigosos inimigos.

Personaxes En comparanza con outros traballos de Tartakovsky nos que hai moitos personaxes, Primal inicialmente só introduce dous protagonistas que van encontrando diferentes animais prehistóricos ou fantásticos e varias tribos de homínidos. Tartakovsky indicou que aínda que a serie ten unha inspiración principalmente fantástica, tamén hai animais baseados en animais prehistóricos reais, así como criaturas mitolóxicas e outras creadas polos artistas do proxecto.

Principais Spear (voz de Aaron LaPlante pero sen diálogos) – Un home de Neandertal cuxa traxedia comeza cando a súa parella e os seus dos fillos son devorados por unha manda de terópodos. Aínda que supera a súa necesidade inicial de suicidarse, Spear vai aprendendo a lidar coa perda. Co tempo, vai desenvolvendo unha relación profunda con Fang e mesmo están diposto a sacrificarse para protexela.

Fang – Unha femia de tiranosauro que tamén perde as súas crías polos mesmos depredadores que acabaron coa familia de Spear. Ao contrario que este, que está traumatizado pola perda dos seus seres amados, Fang é quen de recompoñerse máis axiña. Inicialmente, intenta impoñerse e dominar a Spear, pero irá aprendendo a traballar con el para sobrevivir e mesmo chegará a protexelo.

Mira (voz de Laëtitia Eïdo) - Unha muller de fala árabe escravizada por un clan viquingo do que consegue escapar. Na súa fuxida atopa a Spear e a Fang, de quen se fai amiga e compañeira de aventuras.

Recorrentes O Xefe (voz de Fred Tatasciore) – Xefe dunha tribo viquinga responsable de secuestrar o pobo de Mira. Eldar (voz de Fred Tatasciore) – Fillo máis vello do xefe. Entidade demoníaca. Ima (voz de Amina Koroma) – Raíña exipcia que goberna unha enorme cidade-barco chamada Colossaeus chea de guerreiros e escravos. Kamau (voz de Imari Williams) – Home xigante africano de enorme forza escravizado por Ima. Amal (voz de Hillary Hawkins) – Filla de Kamau. Segunda prole de Fang'.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión iniciadas en 2019