miniatura|Laelaps saltando, por Charles R. Knight, 1896 miniatura|Kariridraco dianae segundo a paleoartista brasileira Júlia d'Oliveira. Paleoarte é calquera traballo artístico orixinal, ben a través de traballos de escultura ou de ilustración científica que tentan describir a vida prehistórica segundo evidencia científica.Ansón, Fernández & Ramos (2015) pp. 28–34. Poden ser representacións de restos de fósiles ou imaxes das criaturas vivintes e dos seus ecosistemas. A paleoarte a miúdo serve de base para a representación da fauna prehistórica na cultura popular, o cal á súa vez inflúe na percepción pública e alimenta o interese nestes animais.Paul (2000) pp. 107–112.
O termo "paleoarte"–da palabra grega para "vello" (palaios>paleo), e de "arte"– foi popularizado a finais dos 1980s por Mark Hallett, (ilustrador de dinosauros que foi asesor en Parque Xurásico) para a arte que describe os asuntos relacionados coa paleontoloxía, porén considérase que se teña orixinado como tradición visual nos primeiros 1800s na Inglaterra.Hallett (1987) pp. 97–113.Witton (2018) p. 17.Lescaze (2017) p. 11. Outros traballos máis antigos de "proto-paleoarte", poderían datar de tan vello como o século V a. C., aínda que a relación con materiais fósiles coñecidos é especulativa. Outras ilustracións da Idade Media retratando criaturas míticas é máis posíbel que fosen inspiradas por fósiles de grandes mamíferos prehistóricos e réptiles coñecidos nese tempo.
A paleoarte xurdiu como xénero con fundamento científico inequívoco arredor do comezo do século XIX, encanando coa aparición da paleontoloxía como disciplina académica diferenciada. Estes temperáns paleoartistas restauraban material fósil, musculatura, aparencia de vida, e o hábitat de animais prehistóricos baseándose no saber científico limitado daquela altura. As pinturas e esculturas desde mediados do XIX eran fundamentais en levar a paleontoloxía ao interese do público en xeral, como as esculturas do Dinosauro de Palacio de Cristal mostrado en Londres. O paleoartista Charles R. Knight foi o primeiro en describir dinosauros como animais activos, dominou a paisaxe paleoartística a principios do século XX.
A era moderna da paleoarte foi traída primeiro polo "Renacemento dos Dinosauros", unha pequena revolución científica nos primeiros 1970s, en que os dinosauros viñeron a ser entendidos como criaturas moi activas que poden ser de sangue quente e talvez relacionados cos paxaros. Este cambio de panorama levou a unha énfase máis forte na precisión e puxo o foco en describir as criaturas prehistóricas como animais reais que semellan animais vivos na súa aparencia, comportamento e diversidade. Esta nova paleoarte é caracterizada polo foco na exactitude e biodiversidade, no estilo e descrición ilustrativa, así como polo aumento da arte dixital e un maior acceso a recursos científicos e a unha extensa comunidade científica e artística xerada en Internet. Hoxe, a paleoarte é un xénero artístico-científico globalmente recoñecido, e ten sido tema de premios e concursos internacionais, exposicións en galerías e museos, e unha gran variedade de libros e merchandising.
Definicións Unha chave no inicio da paleoarte como rama diferenciada da ilustración científica era o desexo tanto do público como dos paleontólogos de visualizar a prehistoria que os fósiles representaron.Ansón, Fernández & Ramos (2015) pp. 28–34. Mark Hallett, quen acuñou o termo nos 80s, acentuou a importancia do esforzo de cooperación entre artistas, paleontologos e outros especialistas para ter acceso á información para xerar restauracións precisas, realistas de animais extintos e os seus hábitats.Hallett (1987) pp. 97–113.Hone (2012)
Xa que o coñecemento da paleontoloxía e a percepción pública dese campo mudou dramaticamente desde as tentativas máis temperás en reconstruír a prehistoria, a paleoarte como a disciplina consecuentemente foi evolucionando tamén. Isto levou a dificultades en crear unha definición compartida do termo. Dado que o camiño cara á precisión científica sempre foi unha característica da disciplina, algúns autores sinalan a importancia de separar certa paleoarte da "paleoimaxinería", definida como categoría máis ancha de imaxes con esta temática, ou influídas por ela, pero que non necesariamente inclúen a precisión científica como obxectivo recoñecido.Ansón, Fernández & Ramos (2015) p. 29. Unha tentativa para separar estes termos definiu os paleoartistas como artistas que, "crean orixinais reconstrucións de esqueletos e/ou restauracións de animais prehistóricos, ou de invertebrados ou de flora fósil utilizando procedementos aceptábeis e recoñecidos".Debus & Debus (2012) Outros sinalaron que unha definición de paleoarte ten que incluír un grao de subxectividade, onde o estilo do artista, as preferencias e as súas opinións entran en xogo xunto co obxectivo de precisión.Witton (2016) pp. 7–8. miniatura|A SVP limitou a definición de paleoarte á reconstrución de fósiles de animais vertebrados.|esquerda A Society of Vertebrate Paleontology (SVP) ofreceu a definición de paleoarte como, "a representación científica ou naturalista de temas paleontolóxicos relativos a fósiles de vertebrados", unha definición considerada inaceptábel por algúns pola súa exclusión dos suxeitos non-vertebrados.SVP OnlineAnsón, Fernández & Ramos (2015) pp. 28–34.
O paleoartista Mark Witton define a paleoarte en termos de tres elementos esenciais:
1) ligada por datos científicos, 2) implicando a restauración bioloxicamente informada e completando algunha ausencia de datos, e 3) relativa a organismos extintos.Witton (2018) p. 10.
Esta definición descarta explicitamente que as ilustracións técnicas de exemplares fósiles non se consideren paleoarte e require o uso de "extrapolación razoada e especulación informada" para cubrir estas lagoas reconstructivas, co que tamén se descartan de xeito explícito obras de arte que van activamente contra os datos publicados coñecidos. Poderían considerarse máis precisamente arte de inspiración paleontolóxica.Witton (2018) pp. 10–11.
Nunha tentativa de estabelecer unha definición común do termo, Ansón et al. (2015) dirixiu unha enquisa empírica da comunidade paleontolóxica internacional. O 78% dos participantes declarou estar de acordo coa importancia da precisión científica e o 87% dos enquisados recoñeceu un aumento na precisión da paleoarte co paso do tempo.Ansón, Fernández & Ramos (2015) p. 32.
Outros termos propostos son "paleorestauración" e "restauración paleontolóxica" para referirse especificamente ás actividades de restauración no contexto paleontolóxico. Michael Benton criticou os termos "paleoartist" e "paleorestoration" por seren demasiado informais e potencialmente confusosEn lingua inglesa "paleorestoration" pode referirse á reconstrución dunha bacía ou lugar após unha explotación petrolífera.. A distinción entre "reconstrución" (remontaxe de fósiles) e "restauración" (recreación da aparencia en vida) tamén é importante para manter a claridade na comunidade científica e para a divulgación eficaz.
Finalidades e produción A produción de paleoarte require por definición a lectura substancial de investigacións e que reunir referencias para asegurar a credibilidade científica na produción.Witton (2018) p. 37. As finalidades da paleoarte van desde comunicar coñecemento científico a evocar emocións e fascinación pola natureza.|Witton (2018) p. 10. O artista James Gurney, autor da serie Dinotopia, describiu a interacción entre os científicos e os artistas como o artista sendo os ollos do científico, xa que as súas ilustracións dan forma ás teorías; a paleoarte determina como o público perciben os animais extintos.Gurney (2009) p. 78. Á parte do obxectivo de precisión en si mesmo, as intencións do paleoartista poden incluír o ilustrando de hipóteses científica específicas ou suxerir hipóteses novas que poden ser máis tarde verificadas por evidencia de fósil.Ansón, Fernández & Ramos (2015) p. 29. A paleoarte mesmo pode ser utilizada como metodoloxía investigadora, na creación de modelos de escala para estimar aproximacións de peso e proporcións de tamaño.Ansón, Fernández & Ramos (2015) p. 31. É tamén frecuentemente utilizada como ferramenta para divulgación e educación, incluíndo a produción e venda de xoguetes, libros, filmes, e outros produtos.Witton (2018) p. 13. dereita|miniatura|Un exemplo das reconstrucións de esqueletos: Olorotitan por Andrey Atuchin
Principios científicos A pesar de que o proceso de cada artista diferirá, Witton (2018) recomenda un conxunto estándar de requisitos para producir ilustracións que encaixa na definición. Un entendemento básico da situación do organismo no tempo (xeocronoloxía) e no espazo (paleobioxeografía) é necesario para as restauracións de escenas ou ambientes.Witton (2018) p. 38. A referencia esquelética -non só os ósos dos animais vertebrados, senón incluír as estruturas fosilizadas dos tecidos brandos, como o tecido vexetal lignificado e o cadro de coral- é crucial para comprender as proporcións, o tamaño e o aspecto dos organismos extinguidos. Dado que moitos exemplares fósiles son coñecidos a partir de material fragmentario, pode ser necesaria unha comprensión da ontoxenia, a morfoloxía funcional e a filoxenia dos organismos para crear paleoarte cientificamente rigorosa.Witton (2018) pp. 37–43.
Varios profesionais paleoartistas recomendan a consideración de animais contemporáneos para auxiliar as restauracións precisas, especialmente en casos onde detalles cruciais de pose, aparencia e comportamento son imposíbeis de saber desde material fósil.Czerkas in Currie & Padian (1997) pp. 626–627.Henderson in Brett-Surman, Holtz & Farlow (2012) pp. 306–308. Por exemplo, a maioría das coloracións e texturas son incógnitas desde a evidencia fósil, pero estas poden ser plausibelmente restauradas na ilustración baseada en aspectos sabidos do ambiente e do comportamento animal, así como a inferencia baseada en función como termoregulación, intrarrecoñecemento de especies, e camuflaxe.[Czerkas in Currie & Padian (1997) p. 628.
Por unha banda os principios científicos poden dar unha multiplicidade de representacións posíbeis que non deben limitar as ilustracións ou esculturas a clichés, e por outra o uso dun único modelo en determinados campos pode afianzar un prexuízo. Segundo a revista Science, a intuición e non a ciencia impulsa a maioría das reconstrucións faciais de especies extinguidas, e chaman a atención sobre diversos feitos, como que no Smithsonian a pel dos homínidos se fai cada vez máis clara canto máis bípedes son, pero non hai evidencia diso, ou as presentacións de neandertais co pelo sucio, afianza unha tendencia que os retrata como antihixiénicos etc.New depictions of ancient hominids aim to overcome artistic biases | Science News.
Principios artísticos Alén da comprensión científica, a paleoarte incorpora unha aproximación tradicional á arte.Henderson in Brett-Surman, Holtz & Farlow (2012) p. 305. O éxito dunha peza de paleoarte depende da composición tanto como calquera outro xénero artístico. A situación dos obxectos, a cor, a iluminación, e a forma poden ser indispensábeis para comunicar unha representación realista da vida prehistórica.Witton (2018) pp. 184–185. As habilidades no debuxo tamén son fundamentais para unha paleoilustración eficaz, incluíndo a perspectiva, composición etc.Henderson in Brett-Surman, Holtz & Farlow (2012) p. 305. A paleoarte é única no seu reto en tanto que o seu contido ten que ser imaxinado e inferido, en vez de ser directamente referenciado e, en moitos casos, isto inclúe o ambiente e o comportamento animal.Witton (2018) pp. 184–185.Witton (2018) pp. 184–213.