LeeAnne Walters é unha activista ambiental estadounidense proveniente de Flint, Míchigan, recoñecida por expor a crise da auga en Flint, un grave problema de contaminación acuática. En 2016 recibiu o premio Freedom of Expression Courage, outorgado pola organización benéfica PEN America. O telefilme dramático de 2017 Flint está baseado no problema ambiental acaecido na cidade e na experiencia de Walters como principal activista neste caso. Na película, a actriz Betsy Brandt interprétaa.
En 2018 obtivo o Premio Ambiental Goldman, polo seu papel chave na exposición do problema da auga en Flint. O 3 de febreiro de 2016, Walters testificou ante o Comité de Supervisión e Reforma da Cámara de Representantes dos Estados Unidos respecto do seu papel na crise.Former EM removed from witness list for Congressional hearing on Flint water The Flint Journal MLive.com, 3 de febreiro de 2016
Notas
Categoría:Activistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova Jersey Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Premio Medioambiental Goldman