Phillip James Edwin Peebles, nado en Winnipeg o 25 de abril de 1935, é un astrofísico, astrónomo e cosmólogo teórico canadense-estadounidense. É profesor emérito de ciencias na Universidade de Princeton. É amplamente considerado como un dos cosmólogos teóricos máis senlleiros do mundo dende 1970, con importantes achegas teóricas a nucleosíntese primordial, materia escura, a radiación de fondo cósmico de microondas e a formación de estruturas.
Peebles foi galardoado co Premio Nobel de Física en 2019 polos seus descubrimentos teóricos sobre a cosmoloxía física. Compartiu o premio con Michel Mayor e Didier Queloz polo seu descubrimento dun exoplaneta orbitando unha estrela semellante ó Sol. Se ben gran parte do seu traballo está relacionado co desenvolvemento do universo dende os seus primeiros segundos, é máis escéptico sobre o que podemos saber sobre o comezo, e afirmou: "É moi desafortunado que un pense no comezo mentres que, de fetio, nós non temos unha boa teoría de algo como o comezo."
Peebles describiuse a si mesmo como un agnóstico convencido.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Nobelprize.org
Categoría:Nados en 1935 Categoría:Nados en Winnipeg Categoría:Alumnos da Universidade de Manitoba Categoría:Profesores da Universidade de Princeton Categoría:Alumnos da Universidade de Princeton Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Premios Nobel do Canadá Categoría:Estadounidenses de ascendencia canadense Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América