Daniel Kaluuya, nado en Londres o 24 de febreiro de 1989, é un actor inglés.

Traxectoria Kaluuya naceu en Londres de pais de Uganda. A súa nai, criouno nunha vivenda municipal de Camden Town, xunto cunha irmá máis vella. O seu pai vivía en Uganda e non tiveron contacto con el ata que cumpriu quince anos. Kaluuya asistiu á Torriano Primary School e ao St Aloysius College, Londres.

Escribiu a súa primeira obra de teatro aos nove anos e posteriormente comezou a súa carreira na adolescencia no teatro improvisado. Posteriormente interpretou a Posh Kenneth nas dúás primeira temporadas da serie Skins, da que tamén coescribiu algúns episodios. Kaluuya foi especialmente eloxiado pola súa actuación en Sucker Punch no Royal Court Theatre de Londres e gañou o Evening Standard Award e o Critics' Circle Theatre Award ao mellor debutante. En 2018, recibiu tamén o BAFTA Rising Star Award.

A finais da década de 2000 e principios da de 2010, destacou polas súas interpretacións de Michael "Tealeaf" Fry na serie de comedia negra da BBC Psychoville, de Michael "Mac" Armstrong na serie de terror de BBC Three The Fades e de Bingham "Bing" Madsen no episodio de Black Mirror "Fifteen Million Merits". Apareceu como o axente Colin Tucker no filme de espías cómico Johnny English, o regreso (2011) e como Black Death in no filme de superheroes Kick-Ass 2 (2013). En 2015, tivo un papel secundario no suspense de Denis Villeneuve Sicario.

En 2017, Kaluuya realizou o seu papel revelación ao protagonizar o filme de terror de Jordan Peele Déixame saír, que lle valeu unha candidatura ao Óscar ao mellor actor. A este seguírono o filme de superheroes de Ryan Coogler Black Panther (2018), Widows (2018), de Steve McQueen, e Queen e Slim (2019), de Melina Matsoukas. Pola súa interpretación do líder do Panteras Negras Fred Hampton en Judas and the Black Messiah (2021), gañou o Óscar, o Globo de Ouro, o Critics' Choice Movie Award, o Screen Actors Guild Award e o BAFTA ao mellor actor secundario.

Filmografía Ano Título Personaxe Notas 2006 Shoot the Messenger Reece 2008 Cass Young Cass Pennant 2010 Chatroom Mo 2011 Johnny English, o regreso Axente Colin Tucker 2013 Welcome to the Punch Juka Ogadowa Kick-Ass 2 Black Death 2015 Sicario Reggie Wayne 2017 Déixame saír Chris Washington 2018 Black Panther W'Kabi Widows Jatemme Manning 2019 Queen e Slim Slim 2020 A Christmas Carol Ghost of Christmas Present (voz) 2021 Judas and the Black Messiah Fred Hampton

Notas

Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1989 Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra