O Movemento Alternativo Indíxena e Social (en ; ou MAIS) é un partido político colombiano, xurdido do seo da Organización Nacional Indíxena de Colombia, de ideoloxía indixenista, progresista e agrarista.

Historia Fundouse no ano 2013 no concello caucano de Santander de Quilichao. O 9 de marzo de 2014, nas eleccións lexislativas de Colombia de 2014, o partido alcanzou un escano no Senado da República de Colombia con Luis Evelis Andrade. O 11 de marzo de 2018, nas eleccións lexislativas de Colombia de 2018, MAIS alcanzou con Feliciano Valencia un escano da circunscrición indíxena no Senado; tamén obtivo dous escanos da Cámara de Representantes con Abel David Jaramillo Largo pola circunscrición indíxena, e con César Pachón como representante por Boyacá.Rexistraduría Nacional de Colombia Resultados Eleccións 2018.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pobos indíxenas de Colombia Organización Nacional Indíxena de Colombia Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Partidos políticos de Colombia Categoría:Dereitos indíxenas