Beatriz de Savoia, nada en 1206 e finada en decembro de 1266, foi unha infanta de Savoia e condesa consorte da Provenza (1219 - 1245). Traxectoria Beatriz era filla do conde Tomé I de Savoia e da súa muller Beatriz Margarida de Xenebra. Era neta pola liña paterna de Humberto III de Savoia e Beatriz de Mâcon e pola liña materna de Guillerme I de Xenebra. Era irmá dos condes Amadeu IV de Savoia, Tomé II de Savoia e Pedro II de Savoia. Casou co conde Ramón Berengario V da Provenza o 5 de xuño de 1219. Desta unión naceron:

O infante Ramón da Provenza, que morreu novo. A princesa Margarida da Provenza (1221 - 1295), casada en 1234 con Lois IX de Francia. A princesa Aliénor da Provenza (1223 - 1292), casada en 1236 con Henrique III de Inglaterra. A princesa Sancha da Provenza (1225 - 1261), casada en 1243 con Ricardo de Cornualla, fillo de Xoán I de Inglaterra e irmán de Henrique III de Inglaterra. A princesa Beatriz I da Provenza (1234 - 1267), condesa da Provenza e casada en 1246 con Carlos I de Nápoles.

Beatriz de Savoia morreu en 1266. O trobador provenzal Blacas (1200-1265), espiritualmente namorado e respectuoso con Beatriz, dedicoulle gran parte da súa produciónEnciclopedia Espasa, Volume núm. 8, p. 1041..

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bernard Demotz, Le comté de Savoie du XIe au XVe siècle: Pouvoir, château et État au Moyen Âge, Genève, Slatkine, 2000, 496 p. (ISBN 2-05-101676-3). Emmanuel Davin, «Béatrice de Savoie, Comtesse de Provence, mère de quatre reines (1198-1267)», Bulletin de l'Association Guillaume Budé, vol. 1, no 2,‎ 1963, p. 176-189.

Categoría:Casa de Savoia Categoría:Condes da Provenza Categoría:Finados en 1266