Ignacio Luis Fernández Goberna, nado en Donostia o 30 de xullo de 1964, é un cantante, guitarrista e compositor español, coñecido principalmente por formar parte entre 1985 e 1993 do dúo La Dama se Esconde.

É fillo do histórico futbolista galego Pahiño e irmán máis novo de Patricia Fernández Goberna, cantante de Trigo Limpio, e participante no Festival de Eurovisión.

Traxectoria Naceu no barrio donostiarra de Gros, sendo fillo de Pahiño, histórico futbolista de Celta de Vigo, Real Madrid e Deportivo da Coruña, e de Inés Goberna. Seu tío Eduardo Goberna foi tamén futbolista do Deportivo da Coruña.

Mentres estudaba no colexio xesuíta de Donostia, formou xunto a tres compañeiros (Ignacio Valencia, Juan José Mourlanch e José Manuel Gandasegui) o grupo Agrimensor K. Tomaron o nome do protagonista da novela O castelo de Franz Kafka. Con este grupo gravou dous discos editados por DRO: Principio y fin (1982) e ¿Juegas al escondite? (1983).

Unha vez disolto Agrimensor K, Goberna e Valencia formaron La Dama se Esconde e marcharon a Madrid. O grupo estivo activo ata 1993, publicando case un disco por ano. Tras a disolución deste, Nacho F. Goberna publicou dous discos en solitario, Transparente (2002) e Un bosque de té verde (2010).

En 2013 creou xunto á súa parella a revista cultural Lecturas Sumergidas.

Discografía

Agrimensor K

Principio y fin (1982) ¿Juegas al escondite? (1983)

La Dama se Esconde

Avestruces (1985) Armarios y camas (1986) La tierra de los sueños (1987) Coge el viento (1989) Lejos del puerto (1990) De colores, tu color (1992) Hoy (1993) Lo mejor (1999) Una habitación llena de pájaros (1985) (2011) Después de Hoy y antes de Mañana (1993-1995) (2011) Las demos de 12 canciones que fueron publicadas (1985-1993) (2011)

En solitario

Transparente (2002) Un bosque de té verde (2010)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos en Discogs .

Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Donostia Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Españois de ascendencia galega Categoría:Cantantes do País Vasco Categoría:Guitarristas de España Categoría:Compositores de España