Julián Sanz Martínez, finado en París o 25 de decembro de 1890, foi un militar e historiador galego.
Traxectoria Afiliado ao Partido Republicano dende 1868. Pertenceu ao primeiro batallón republicano que se formou en Madrid co nome Tiradores del Principal segunda compañía, e despois pertenceu ao batallón Guías de la República. Participou na guerra carlista e foi admitido no Exército.El País, 11-1-1891, p. 1. Perseguido polas súas ideas políticas, foi desterrado a Canarias e despois a Madrid. Foi correspondente na Coruña dos periódicos madrileños La Correspondencia e Ilustración Militar.Diario de Avisos de La Coruña, 24-8-1884. p. 2. Chegou a alférez oficial terceiro de seccións de arquivo. Amigo e subordinado de Emilio Prieto Villarreal e partidario de Ruiz Zorrilla, participou na sublevación republicana do 19 de setembro de 1886 encabezada por Manuel Villacampa del Castillo. Logo do seu fracaso exiliouse en Francia e morreu en París o 25 de decembro de 1890.El País, 30-12-1890, p, 1.
Obras Reseña histórica de la batalla de Bailén, 1879. Resumen histórico-militar de la Guerra de la Independencia española de 1808 á 1814 (4 vol.), 1881-1882.Resúmen histórico-militar de la Guerra de la Independencia Española de 1808 á 1814 en Galicina. Batalla de Waterloo, 1883.
Notas
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Finados en 1890