Rosario Pi Brujas, nada en Barcelona en 1899 e finada en Madrid o 22 de marzo de 1967, foi unha directora, produtora e guionista de cinema catalá.

Con Helena Cortesina, Ana Mariscal e Margarita Alexandre conforma o cuarteto de mulleres fundadoras do cinema de España.Margarita Alexandre, la antifranquista que deslumbró a Franco, El País, 4 de xaneiro de 2016

Traxectoria Rosario Pi naceu en Barcelona no seo dunha familia adiñeirada que posuía unha fábrica téxtil en Sabadell. Durante toda a vida sufriu as secuelas dunha parálise infantil (posiblemente poliomielite) que a obrigou a levar un bastón e zapatos ortopédicos. Aínda así foi unha muller activa e intelectualizada.

Abriu unha tenda de moda, ou unha corsetaría, en Barcelona na década de 1920, que non prosperou e acabou pechando en 1929 na procura doutros horizontes. Marchou a Madrid e, a partir de entón, centrou a súa actividade no cinema. Creou a produtora Star Films co mexicano Emilio Gutiérrez Bringas e co español Pedro Ladrón de Guevara, na que figuraba como presidenta. Entre 1931 e 1935 produciu o primeiro filme sonoro de Edgar Neville, así como dos directores Benito Perojo e Fernando Delgado.

En 1933 produciu curtas e longametraxes e comezou a súa carreira cinematográfica detrás da cámara. Dirixiu o seu primeiro filme, El gato montés (1935), que se considerou o primeiro filme sonoro dirixido por unha muller en España ata que en 2020 se descubriu nos arquivos da Filmoteca Española o filme Mallorca, de María Forteza, cunha data que non se puido establecer con precisión. Cómpre salientar que xa en 1921, outra muller, a bailarina e actriz Helena Cortesina (1904-1984) dirixira o filme mudo Flor de España o leyenda de un torero.

Foi amiga de Perico Chicote e Ricardo Urgoiti, que lle deixaron os locais para os seus filmes, xa que non tiña recursos económicos suficientes.

Os filmes de Pi, a pesar de seren folletíns típicos dos anos 30, tiñan trazos surrealistas e vangardistas que Luis Buñuel repetiu en Abismos de pasión (1953). En plena guerra civil, comezou a rodar Molinos de viento (1937) que rematou en París, onde fuxiu coa protagonista, Maria Mercader. O filme, producido por Internacional Films, de Barcelona, estreouse en 1938, mais a súa proxección foi censurada na zona republicana porque Pi foi acusada de filofascista.

Recibiu unha oferta da Fox, mais tras desbotar a posibilidade de traballar en Hollywood, Pi e Mercader marcharon a Roma, aos estudos de Cinecittà, onde coñeceron a Vittorio de Sica, que casou con Maria Mercader. Algúns críticos cren que Pi continuou a traballar no cinema en Roma e que foi a directora se acreditar do filme Forza bruta (1940).

Na posguerra regresou a Madrid, despois de buscar un traballo en Barcelona, ​​onde o réxime franquista —co que simpatizara— non a acolleu por ser unha muller de cinema e vangardista. Resultoulle imposible traballar na súa profesión nun mundo de homes en que só lle daba importancia ás mulleres como actrices. Escribiu algúns artigos co pseudónimo de Rizpay e nos últimos anos da súa vida abriu un restaurante en Madrid, onde morreu en 1967.

Filmografía TítuloAnoTarefa¡Yo quiero que me lleven a Hollywood!1931ProduciónEl hombre que se reía del amor1933ProduciónOdio1934Produción (filme dirixido por Richard Harlan)Doce hombres y una mujer1934Guión, escenografía, deseño de produción (filme dirixido por Fernando Delgado, sobre un libro de Wenceslao Fernández Flórez)El gato montés1935Dirección e guión (sobre a ópera de Manuel Penella)Molinos de viento1938Dirección (filme perdido)

Notas

Véxase tamén Bibliografía Riambau, Esteve (2019) Laya Films i el cinema a Catalunya durant la Guerra Civil. Barcelona, L'Avenç Romero Marin, Juan José (2000). «Rosario Pi». En: Martinez, Cándida; Pastor, Reyna; de la Pascua, M. José; Tavera, Susanna (coords.). Mujeres en la historia de España. Enciclopedia biográfica. Madrid: Ed. Planeta Torres, Augusto M. (2004). Directores españoles malditos. Madrid: Ed. Huerga y Fierro Alet Valero, Una española frente a la españolada. Rosario Pi, "El gato montés", 1936 Hispanística XX, 0765-5681, Nº. 14, 1996, páx. 31-54

Ligazóns externas Cartel do filme El gato montés, dirixido por Rosario Pi

Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Directores de cinema de Cataluña Categoría:Produtores de cinema de Cataluña Categoría:Guionistas de Cataluña