O rugby a 7 é un deporte que forma parte do programa olímpico oficial dende os Xogos Olímpicos de 2016, tanto na competición de homes como de mulleres. O rugby a 7 foi engadido nos xogos de acordo coa decisión da 121ª sesión do Comité Olímpico Internacional celebrada en outubro de 2009. Os campións da competición inaugural de 2016 nesta modalidade de rugby foi Fidxi no caso dos homes e Australia nas mulleres.
Medallas PaísOuroPrataBronceTotal Australia 1 0 0 1 Fidxi 1 0 0 1 Reino Unido 0 1 0 1 Nova Zelandia 0 1 0 1 Canadá 0 0 1 1 Suráfrica 0 0 1 1 Total 2 2 2 6
Véxase tamén
Outros artigos Rugby nos Xogos Olímpicos Ligazóns externas Resultados do rugby a 7
Categoría:Rugby a 7 nos Xogos Olímpicos