The Numismatist é unha revista numismática estadounidense de periodicidade mensual editada pola American Numismatic Association (ANA). A revista contén artigos acerca das moedas, as medallas, as fichas comerciais, os billetes e outras cuestións relacionadas coa numismática. Todos os membros da ANA reciben The Numismatist como parte dos beneficios da súa afiliación.
Historia O primeiro exemplar da revista foi un folleto de catro páxinas publicado en 1888 polo coleccionista de moedas George F. Heath en Monroe, Míchigan, baixo o título orixinario de The American Numismatist,Acceso en liña: The Numismatist, Vol. 1 (setembro-outubro 1888). aínda que xa no segundo número, publicado en marzo de 1890, se lle reduciu o nome ao actual The Numismatist Acceso en liña: The Numismatist, Vol. 2 (marzo 1990). (durante unha breve época posterior titulouse tamén simplemente Numismatist).Klinger, D. (2011). "The American Numismatist". En The E-Sylum. Vol. 14. Nº 2. 9 de xaneiro.
O 16 de xuño de 1908 Heath morreu repentinamente e o que daquela era presidente da American Numismatic Association, Farran Zerbe, asumiu o empeño de seguir editando The Numismatist, e de camiño lles comprou aos herdeiros de Heath a cabeceira, que era da súa propiedade. En 1911, o canadense de Montreal W. C. C. Wilson mercoulle ao novo propietario a titularidade de The Numismatist e púxoa ao dispor da ANA. Desde esa data a revista é propiedade da asociación e publícase con periodicidade mensual."ANA History. 125 Years of Collecting with the American Numismatic Association". No sitio web da ANA.
En decembro de 2015, a ANA anunciou que concluíu a dixitalización de todos os números anteriores de The Numismatist desde o primeiro en 1888, o que supón un total de 110.000 páxinas."ANA puts ‘The Numismatist’ issues online". En Numismatic News. 30 de novembro de 2015.
Á parte da súa difusión entre os socios da ANA, en outubro de 2019, a cadea de librarías Barnes & Noble anunciou que The Numismatist se vendería en máis de 600 dos seus establecementos por todo o país, para aumentar a súa circulación."Barnes & Noble to sell The Numismatist". En The E-Sylum. Vol. 22. Nº 38. 22 de setembro de 2019.
En abril de 2020, a súa editora xefa Barbara J. Gregory retirouse logo de 32 anos no cargo e 39 anos como membro do equipo de dirección da revista, e foi sucedida por Caleb Noel."Longest-Running Editor-in-Chief of ANA’s Numismatist Retires ". En Coin Week. 25 de marzo de 2020."The Numismatist Editor-in-Chief Barbara Gregory to Retire". En Coins Weekly. 30 de abril de 2020.
Contido The Numismatist componse de varias seccións centradas nunha ampla variedade de temas, que se complementan coas cartas do presidente da ANA e do editor, e cun obituario dos membros da asociación finados nese período. Estas son algunhas das súas seccións fixas:Acceso en liña ao número actual: prema aquí.
USA Coin Album: a cargo de David W. Lange, centrada nas series vixentes de moedas dos EEUU. American Classics: versa sobre series de moedas xa fóra da circulación. Auctions: acerca das poxas numismáticas máis salientables ao longo da historia. News & Notes: centrada nas novas emisións da US Mint e doutras casas de moeda do mundo. ANA News: novas e acontecementos relevantes para a American Numismatic Association. Money Museum: céntrase na actualidade do museo numismático Edward C. Rochette."Edward C. Rochette Money Museum". American Numismatic Association. Bookmarks: recensións de novidades editoriais do ámbito numismático. Counterfeit Detection: a cargo da Numismatic Guaranty Corporation, acerca da detección de falsificacións de moedas. Coins and Collectors: sección de Q. David Bowers sobre historia numismática. Around the World: un repaso das principais convencións comerciais celebradas en todo o mundo. Early American Money: a cargo de Ray Williams, centrada na moeda estadounidense dos períodos colonial, poscolonial e dos primeiros tempos da unión. Numismatic Chronicles: a cargo de Nancy Oliver e Richard Kelly, sobre series de moedas históricas e tesouros monetarios. Getting Started: sección dedicada aos que se inician no coleccionismo numismático. Quiz Quarters: variedades, xogos e pasatempos. Humor: sección a cargo de Jerry Cestkowski
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web de The Numismatist Acceso en liña dos números dixitalizados (1888-2020) Acceso en liña ao número actual de The Numismatist Sitio web da American Numismatic Association
Categoría:Revistas de numismática Categoría:Revistas dos Estados Unidos de América