Mariña Arbor Aldea, nada o 17 de outubro de 1973 en San Fagundo, San Cristovo de Cea, é unha filóloga, profesora, investigadora e política galega.
Traxectoria En 1997 graduouse en Filoloxía Románica e ao ano seguinte en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi Premio Extraordinario de Licenciatura, Premio Extraordinario de Doutoramento e Premio Dámaso Alonso de Investigación Filolóxica En 2001 doutorouse en Filoloxía Románica na USC. Realizou un bienio de posdoutoramento na Università degli Studi di Padova (Italia), regresou á USC como Investigadora Ramón y Cajal, sendo desde 2010 Profesora Titular de Universidade na USC.
É investigadora principa no Portal Universo Cantigas, xunto co profesor Manuel Ferreiro da UDC, que ten como obxectivo a edición crítica en liña de toda a lírica medieval galego-portuguesa.
Obra Letteratura galega .https://www.academia.edu/7742791/Letteratura_galega O cancioneiro de don Afonso Sanchez. Edición e estudio (2001). USC. ISBN 978-84-8121-951-7. Cancioneiro da Ajuda [edición facsímile] (2008). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Cancioneiro da Ajuda. Transcrición e notas (2015). Washington, D.C. Virtual Center for the Study of Galician-Portuguese Lyric - Georgetown University. ISSN: 2332-1377. Un gourmet na Breogania: A cociña de Frank Soutelo (2026). ISBN 979-8198563032. Recolle as receitas dos pratos das novelas de Frank Soutelo.
Libros colectivos Estudos de edición crítica e lírica galego-portuguesa (2010). Pergamino Vindel (2016). Transitando polas vías da lírica hispánica. A ruta dos trobadores (2020). Vai lavar cabelos na fontana fría. As orixes da lírica hispánica (2021). O eco das estrelas. Música medieval no Camiño de Santiago (2021). Ed. Canela. “Poesía e música na Idade Media hispánica centro-occidental: un crisol de culturas tecido en cobras e sões”
Traducións El canon de la literatura europea (2012). A lingua das cantigas. Gramática do galego-portugués (2019). Et in Gallaecia Ego. Esculcas no mundo dos trobadores, de Pär Larson (2025). Santiago: Laiovento. Tradución, adaptación e revisión. 170 páxs. ISBN 978-84-8487-739-4. ebook: ISBN 978-84-8487-740-0.
Notas
Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en San Cristovo de Cea Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Padua