Xosé Luís Díaz Arias de Castro, ou simplemente Xosé Díaz Arias, nado na Coruña o 5 de xuño de 1949, é un deseñador gráfico, pintor e empresario galego. Traxectoria Fillo de Isaac Díaz Pardo e Carmen Arias de Castro. Formouse na Universidade de Santiago de Compostela en Filosofía e Letras. Deseñador, pintor, comisario, con obras seleccionadas para exposición en Madrid, Londres e Nova York. Fundador de Imago Mundi Diseño, BCD Asociados, Grupo ReVisión Deseño, empresas especializada en deseño editorial, identidade corporativa e espazos expositivos. Académico de número da sección de Artes da Imaxe na Real Academia Galega de Belas Artes. En 1996, como testamenteiro da viúva de Luis Seoane, impulsou a Fundación Luis Seoane, da que é patrono vitalicio e vicepresidente do seu padroado. Administrador do Laboratorio de Formas de Galicia. Publicacións (lista parcial)

Arte, deseño, industria: o Laboratorio de Formas de Galicia. As liñas da conciencia: Castelao ilustrador e deseñador. La memoria de Pepe Martínez, el olvidado editor de Ruedo Ibérico. Luís Seoane: a forxa da modernidade.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Historia de Galicia. Entrevista. Fondos documentais. Consello da Cultura Galega.

Ligazóns externas 20px As miradas de Isaac | Avance da exposición da man dos comisarios

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1949 Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Deseñadores de Galicia Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Deseñadores gráficos