miniatura|Faíscas nunha chama dun chisqueiro de Bunsen. miniatura|Radiación do corpo negro comparada coa do manto de cerio-torio (CeO2/ThO2).R. W. Pohl, "Optik und Atomphysik". A incandescencia é unha emisión de luz pola calor. Todo corpo exposto a unha calor suficiente emite radiación electromagnética no espectro visible a partir dunha determinada temperatura.

A candoluminiscencia é o arcaísmo usado para describir a luz emitida por certos materiais que foron quentados a un estado incandescente e que emiten luz dunha lonxitude de onda máis curta da que se esperaría dun radiador de corpo negro típico. Noutra acepción, a candoluminiscencia e a incandescencia non son sinónimos perfectos, son fenómenos de emisión pero, como a fluorescencia e a fosforescencia, teñen as súas propias características, sendo a lonxitude de onda da luz emitida que no caso da candoluminescencia de menor lonxitude.

A calidade da luz emitida depende directamente da temperatura á que se atope o corpo, un corpo lixeiramente quente (ao redor de 1600 °C), emite luz vermella-laranxa, mentres que un corpo moi quente (ao redor de 5000 °C), emite luz moi branca e mesmo pode chegar ao branco azulado a temperaturas extremas (de 8000-9000 °C).

De aí a expresión red hot ou roxo vivo (ou lume vivo tamén en galego) para describir o estado dun metal na fragua. De aí tamén o brillo de lava dos volcáns (a roca fundida está tan quente que emite luz).

Para medir o estado de incandescencia dun obxecto ou describir a luz que emite, utilízase un modelo teórico chamado corpo negro.

Exemplos O fenómeno observouse nalgúns metais de transición, terras raras e materiais (cerámicos) de óxido de metal como o óxido de zinc, o óxido de cerio, ou o dióxido de torio, onde parte da luz é orixinada pola incandescencia-fluorescencia do material. O óxido de calcio tamén goza desta característica. A causa deste efecto pódese explicar pola excitación térmica directa dos ións metálicos do material.

A palabra candoluminiscencia utilízase pois dunha maneira informal para describir a luminiscencia de calquera material quentado até a incandescencia especificamente por unha chama. Os exemplos máis comúns de candoluminiscencia podémolos ver na brillante malla de óxido de cerio/torio (proporción de (1:99) dunha lámpada de queroseno ou dunha luz de gas e na malla incandescente dunha <i>limelight</i> (luz /candea de calcio) de antigo deseño. O óxido de calcio foi o primeiro en ser utilizado, e á parte de usalo na iluminación de gas, vaise facendo moi común o seu uso para iluminar escenarios. Realizamos unha aplicación práctica de alta potencia cun facho oxhídrico, unha luz que se empregou para iluminar os escenarios durante décadas co nome de <i>limelight</i> ou luz de escenario.

Resplandor

Fálase tradicionalmente de resplandor:

No caso dunha combustión lenta, de carbón de hulla, dun cigarro; No caso dunha lámpada de luz.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Corpo negro Fluorescencia Lámpada incandescente Limelight Bioluminescencia Alumamento Pirognómico

Bibliografía Dionysius Lardner (1833). Treatise on Heat. Longman, Rees, Orme, Brown, Green & Longman. . "O estado no que un corpo quentado, naturalmente incapaz de emitir luz, cando se fai luminoso, chámase estado de incandescencia". John E. Bowman (1856). An Introduction to Practical Chemistry, Including Analysis (Second American edition ed.). Philadelphia: Blanchard and Lea. . William Elgin Wickenden (1910). Illumination and Photometry. McGraw-Hill. .

Categoría:Luminescencia Categoría:Electromagnetismo Categoría:Termodinámica Categoría:Temperatura