O Centro Académico Romano Fundación (CARF) é unha entidade sen ánimo de lucro que xurdiu en 1989 co obxectivo de apoiar a formación dos seminaristas e sacerdotes católicos. Os bolseiros estudan na Pontificia Universidade da Santa Cruz e na Universidade de Navarra. Diversas entidades realizan actividades anualmente para recadar fondos para a entidade.

A institución formouse cando Xoán Paulo II pediu ao beato Álvaro del Portillo, daquela, prelado do Opus Dei, que comezase unha universidade en Roma (Italia) para proporcionar unha sólida formación aos futuros sacerdotes.

Nos seus case 30 anos de historia, preto de 16 000 estudantes de 128 países beneficiáronse das súas subvencións para poder formarse.

Notas

Categoría:Opus Dei Categoría:Organizacións relixiosas