George Cyril Brooke, nado en 1884 e finado o 11 de outubro de 1934, foi un numismático británico especializado na historia da moeda de Inglaterra.
Traxectoria George C. Brooke cursou a súa educación secundaria na Westminster School, de Londres, e posteriormente fixo a súa formación superior en Estudos Clásicos no Corpus Christi College, da Universidade de Cambridge, onde acadou o grao de mestrado en 1919 e o de doutor en 1930.Allan, J.; Lawrence, L. A. (1934). Páxina 303.
Brooke ingresou no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico en 1908 e converteuse en conservador auxiliar en 1932. Nesta institución familiarizouse coas moedas inglesas da colección e decidiu estudalas coa mesma profundidade coa que se trataban as moedas da Antigüidade. Sobre este tema publicou unha serie de artigos na revista The Numismatic Chronicle. Unha das súas obras máis sinaladas é The British Museum Catalogue of Norman Coins, dentro da serie British Museum Catalogues of Coins, cuxa aparición constituíu un novo padrón para o estudo da moeda inglesa medieval.
Á marxe do Museo Británico, en 1932 publicou outro dos seus traballos máis sobranceiros, titulado English Coins, un completo manual ilustrado da moeda inglesa.Allan, J.; Lawrence, L. A. (1934). Páxina 304.
Entre outras sociedades e entidades académicas, Brooke foi membro dos consellos de dirección da Sociedade de Anticuarios de Londres, da Royal Numismatic Society e da British Numismatic Society. Tamén presidiu a Sociedade Numismática de Kent. A partir de 1913 foi editor xefe da revista Numismatic Chronicle, da Royal Numismatic Society, e tamén formou parte do consello editor do British Numismatic Journal, editado pola British Numismatic Society.
Brooke foi o representante de Inglaterra na Comisión Internacional de Numismática.
Logo do falecemento de Brooke en 1934, un grupo de persoas interesadas na súa obra emprenderon o proxecto coñecido como The Brooke Memorial, consistente na subscrición para a compra dun exemplar do escaso noble de ouro de Eduardo IV, a derradeira moeda que Brooke tivo nas súas mans antes de morrer, co obxectivo de doalo posteriormente ao Museo Británico. Entre os máis de 60 subscritores estaban numismáticos, moitos deles ligados ao propio museo, da relevancia de Arthur Evans, Helen Farquhar, Leonard Forrer, George F. Hill, George Macdonald, Harold Mattingly, ou Richard B. Whitehead.Lawrence, L. A. (1935). “The Brooke Memorial”. En Numismatic Chronicle. Vol. XXV. Royal Numismatic Society. Páxinas 135-136.
Recoñecementos (1905): Browne Medal, de poesía grega e latina, da Universidade de Cambridge."Sir William Browne's Medals: Notice". Cambridge University Reporter. (1934): Medalla da Royal Numismatic Society (concedida a título póstumo)."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
Publicacións George C. Brooke é autor de tres traballos monográficos e de máis de medio cento de artigos, publicados cas exclusivamente en Numismatic Chronicle e en British Numismatic Journal."Bibliography". En Allan, J.; Lawrence, L. A. (1934). Páxinas 306-308."Brooke, G. C. (George Cyril) 1884-". WorlCat Identities."Brooke, George Cyril 1884-1934 ". Digital Library Numis.
Monografías (1916). A Catalogue of English Coins in the British Museum: the Norman kings (2 vols.). British Museum, Londres. Vo.l I: Introduction, Tables and Plates. Vol. II: Catalogue and Indexes. (1924). A guide to the exhibition of historical medals in the British Museum (con G. F. Hill). British Museum, Londres. (1932). English coins. Methuen, Londres.
Escolma de artigos (1912). "The Edwinstowe find of Roman coins". En Numismatic Chronicle, 12. Páxinas 149-178. (1922). "Anglo-Saxon acquisitions of the British Museum. I: Thrymsa and sceatta series; Mercia". En Numismatic Chronicle, 2. Páxinas 214-244. (1923). "Anglo-Saxon acquisitions of the British Museum. II: Kent; archbishops of Canterbury; East Anglia". En Numismatic Chronicle, 3. Páxinas 243-259. (1924). "Anglo-Saxon acquisitions of the British Museum. III: Northumbria". En Numismatic Chronicle, 4. Páxinas 86-95. (1924). "Anglo-Saxon acquisitions of the British Museum. IV: Wessex ". En Numismatic Chronicle, 4. Páxinas 239-253. (1925). "Anglo-Saxon acquisitions of the British Museum. V: Alfred to Eadwig ". En Numismatic Chronicle, 5. Páxinas 343-365. (1930). "Quando moneta vertebatur: the change of coin-types in the eleventh century". En British Numismatic Journal, 20. Páxinas 105-116. (1933). "The medieval monayers". En British Numismatic Journal, 21. Páxinas 59-66. (1933). "The mints of Canterbury and York in the reigns of Edward IV and Henry VII". En British Numismatic Journal, 21. Páxinas 73-87.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Allan, J.; Lawrence, L. A. (1934). "Georghe Cyril Brooke". En The Numismatic Chronicle. Vol. 14. Royal Numismatic Society. Páxinas 303-308.
Outros artigos
Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico
Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1934 Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:Personalidades sen imaxes