Ghashiram Kotwal (en ) é un filme indio de 1976 en lingua marathi dirixido por K. Hariharan, Mani Kaul, Saeed Akhtar Mirza e Kamal Swaroop. É unha adaptación da obra homónima de Vijay Tendulkar, quen tamén escribiu o guión. Creado no apoxeo do movemento cinema paralelo na India, o filme foi un experimento na realización de filmes colectivas.. Foi producido por YUKT Film Cooperative, un colectivo de dezaseis membros composto na súa maioría por graduados da Film and Television Institute of India. O papel protagonista que dá título ao filme foi interpretado por Om Puri, na súa primeira aparición nunha longametraxe. A toma final do filme ten unha duración de máis de dez minutos. Segundo K. Hariharan, un dos catro directores, esta toma é única na historia do cinema por ser "a toma máis longa do mundo nun carrete estándar de 1000 pés en ser filmada por catro operadores de cámara".

Estreouse subtitulado en galego o 13 de abril de 2021, no Centro Galego de Artes da Imaxe (A Coruña).

Personaxes Mohan Agashe como Nana Phadnavis Om Puri como Ghashiram Kotwal

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1976 Categoría:Filmes en lingua marathi Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes dirixidos por Mani Kaul Categoría:Filmes de 1976 con versión en galego