A dos apoideos (Apoidea) é unha superfamilia de insectos da orde dos himenópteros, suborde dos apócritos, cuxas especies son vulgarmente coñecidas como abellas e abesouros, xa que a máis coñecida das súas familias é a dos ápidos, entre cuxos membros áchanse a abella común e os abesouros.

A superfamilia abarca especies solitarias, semisociais e eusociais, que subministran alimentos ás súas larvas, fan os seus niños nunha variedade de substratos, como o solo, a talos ocos, buratos de troncos, etc. Ao igual que noutros himenópteros, en moitas especies o ovipositor ou apéndice do abdome das femias transformouse nun aguillón ou ferrete utilizado para a defensa.

As abellas de certos grupos recolectan pole dunha gran variedade de flores, e denomínanse polilécticas; outras, en cambio, están máis especializadas e recolectan pole dun só grupo limitado de especies, en xeral membros dun só xénero, e son denominadas oligolécticas.

As abellas son os polinizadores máis importantes das magnoliófitas (as plantas con flores). Posúen unha lingua larga, ou glosa, que utilizan para obteren o néctar. Moitas presentan un órgano adaptado para recolectar o pole, denominado escopa ou corbícula, no terceiro par de patas; outras teñen a escopa no abdome, ou carecen deste órgano por completo; úsano para transportar o pole á colmea para alimentaren ás súas larvas.

Os poideos subdivídense en dos subgrupos, o dos esfeciformes (parafilético), que comprende especies coñecidas como avespas esfecoides ou avespas apoides, e o dos antófilos (monofilético), que comprende as abellas (sensu lato). A maior diferenza entre os dous subgrupos, á parta da filoxenia, é que as avespas esfecoides usan presas para alimentaren ás sús larvas, e as abellas recorren ao pole e ao néctar das flores e, ademais, o corpo das esfecoides está cuberto de vilosidades simples, e o das abellas por pelos plumosos ou ramificados.

Hai ao redor de 10 000 especies descritas de avespas esfecoides e cerca de 20 000 de abellas, e calcúlase que hai outras tantas por identificar e describir.

En concreto, están descritas na actualidade 28 740 especies de apoideos, repartidas en 11 familias que comprenden 754 xéneros.Bees & Apoid Wasps. Apoidea na EOL. Consultada o 15 de xuño d 2021.

A filoxenia molecular demostra que as abellas xurdiron a partir da familia tradicional dos Crabronidae, polo que o agrupamento é parafilético, o que o levou a unha reclasificación para constituír familias monofiléticas.<ref name="Sannetal">Manuela Sann, Oliver Niehuis, Ralph S. Peters, Christoph Mayer, Alexey Kozlov, Lars Podsiadlowski, Sarah Bank, Karen Meusemann, Bernhard Misof, Christoph Bleidorn and Michael Ohl (2018): "Phylogenomic analysis of Apoidea sheds new light on the sister group of bees". BMC Evolutionary Biology 18: 71.</ref>

Taxonomía Descrición A superfamilia foi descrita en 1802 polo entomólogo francés Pierre André Latreille.

Etimoloxía O nome científico Apoidea, está formado polos elementos do latín científico ap- e -oidea. O primeiro é a raíz do nome do seu xénero tipo, Apis, e o segundo é o sufixo empregado para formar os nomes das subfamilias de animais.Apoidea no Merriam-Webster Dictionary.

Familias A superfamilia comprende as seguintes familias:Apoidea, no ITIS.Grupo SpheciformesAmpulicidae Crabronidae Heterogynaidae SphecidaeGrupo AnthophilaAndrenidae Apidae Colletidae Halictidae Megachilidae Melittidae Stenotritidae

Filoxenia Posición filoxenética dos apoideos nos aculeados.</small></center> <big></big>

Esta árbore filoxenética está baseada en Sann et al., 2018, que utilizaron a filoxenómica para demostrar que tanto as abellas (Anthophila) como as Sphecidae xurdiron da antiga familia dos Crabronidae, que e parafilética, polo que suxeriron que deberían dividirse en varias familias; a antiga familia Heterogynaidae inclúese dentro da dos Bembicidae, como se mostra aquí. Estes achados difiren en varios detalles dos estudos publicados por outros dous grupos de autores en 2017, aínda que os tres estudos demostran un grupo "Crabronidae" parafilético.

<big></big>

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa 3703: 1–82. Arnett, R. H. Jr. (2000): American insects, 2ª ed. Boca Ratón, Londres, Nova York, Washington DC: CRC Press. ISBN 0-8493-0212-9. Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3. Grimaldi, D. & Engel, M. S. (2005): Evolution of the Insects. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-2149-0. Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9. O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5. Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa 1668: 521–548. Sharkey, M. J.; Carpenter, J. M & Vilhelmsen, L. (2012): "Phylogenetic relationships among superfamilies of Hymenoptera". Cladistics 28 (1): 80–112. Michener, Charles D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0. Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society 131''': 393–442.

Outros artigos Himenópteros Apócritos

Ligazóns externas Apoidea en Discover Life . Solitary Bees en Earth Life .

Categoría:Apoidea