Teófilo Mejuto Leis, nado en Cee en 1909 e finado na Coruña o 9 de decembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria miniatura|Oficio do 8 de xullo de 1936 do Coronel-Gobernador Militar da Coruña ao xuíz permanente, relativo aos despois chamados Mártires de Brens. Chofer en Cee. En xaneiro de 1931 foi detido xunto co seu irmán Vicente acusados de agredir a Francisco Casais Costa, empregado da Empresa de Automóviles Guillén.La Voz de Galicia, 8-1-1931, p. 7. Afiliado á UGT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido xunto co seu irmán Vicente e outros sindicalistas da Costa da Morte. Foi procesado e xulgado por rebelión militar na Coruña e condenado a pena de morte. Foi fusilado na Coruña o 9 de decembro de 1936 con Norberto Recamán Lago, José Lago Fernández, Perfecto Trasmonte Costa, Jesús Chouza Figueiras, Florentino Canosa Barreiro, Manuel García Castiñeira, Domingo López Domínguez, Obdulio López Acea, Antonio Varela Sanjurjo, Ricardo López Acea, Antonio Barbeito Espiñeira, Máximo López Acea e Ramón López Amado.La Voz de Galicia, 10-12-1936, p. 4.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Mártires de Brens

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Fusilados

Categoría:Nados en Cee Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos