O inimigo coñece o sistema (título orixinal en castelán: El enemigo conoce el sistema) é un ensaio de 2019 de Marta Peirano no que "fala do control e do poder grazas á esculca e interpretación de cal é o fin último da enorme cantidade de información que xeramos ao usarmos os nosos móbiles, tabletas e ordenadores, sobre todo cando descargamos aplicacións ou interactuamos nas redes sociais".

Nesta obra, a autora explícanos o funcionamento da rede, os seus baleiros lexislativos e a falta de protección dos usuarios "ante a grande manipulación que supón formar parte deste grande irmán". Como sinala a autora, mentres nós o ignoramos as compañías "espremen os nosos datos para producir e alimentar técnicas de intelixencia artificial; ou as axencias de desinformación que explotan estes datos para crear o caos e manipular á xente en moitas partes do mundo."

Notas

Véxase tamén Outros artigos Marta Peirano

Categoría:Ensaio Categoría:Obras literarias en castelán Categoría:Obras literarias de 2019 Categoría:Obras traducidas do castelán ao galego