Deontoloxía (do Grego δέον, translit. deon, "deber, obriga" + λόγος, logos, "ciencia"), en filosofía moral contemporánea, é unha das teorías normativas, segundo a cal as escollas son moralmente necesarias, prohibidas ou permitidas. Polo tanto, inclúense entre a teorías morais que orientan as nosas escollas sobre o que debe ser feito."Ethics-virtue", Stanford Encyclopedia of Philosophy Tamén é entendida como parte da Filosofía que trata sobre os principios, fundamentos e sistemas da moral.Dicionário UNESP do português contemporâneo. UNESP. 2005. pp. 390–. ISBN 978-85-7139-576-3.

Tamén é, ás veces, descrita como a ética con base na "obriga ou en "regras", porque as regras "vinculan ao seu deber". A ética deontolóxica é comunmente contrastada co consecuencialismo e a ética da virtude. Nesta terminoloxía, a acción é máis importante que as consecuencias.

O termo foi introducido en 1834, por Jeremy Bentham, para referirse á rama da ética cuxo obxecto de estudo son os fundamentos dos deberes e das normas morais. Tamén se coñece co nome de "Teoría do deber".Waller, Bruce N. 2005. Consider Ethics: Theory, Readings, and Contemporary Issues. New York: Pearson Longman: 23. É unha das dúas ramas principais da Ética Normativa, xunto coa axioloxía.

Características do deontoloxismo no paradigma non consecuencialista

Normas e asimetrías Pódese considerar, por exemplo, que hai unha diferenza fundamental entre ocasionar un mal e non evitalo, ou entre non promover un ben e impedilo, así como entre facer algo que ten unhas certas consecuencias directas e facer algo que ten esas mesmas consecuencias pero de forma indirecta, ou facer algo para conseguir certas consecuencias ou facelo sabendo que terá esas consecuencias pero sen desexalas. Estas diferenzas son irrelevantes para o consecuencialismo se non afectan ao valor que pode haber. Pero non é así para estas posicións Deontolóxicas.

Restricións relativas a axentes e ao tempo Existen normas deontolóxicas as cales son indicacións acerca do que ten que facer nun momento cada suxeito. É dicir, tales normas dan prioridade ao momento da acción sobre os demais momentos, e ao que faga o axente en cuestión sobre o que os demais axentes vaian facer. Por este motivo, existen posicións sostén que debemos aceptar prescricións que establecen restricións relativas a axentes e ao tempo. É dicir, prescricións que nos din que temos que facer algo independentemente do que, en primeiro lugar, o que faga o resto de axentes, e en segundo lugar o que fagamos nós mesmos ou mesmas no futuro. Deste xeito, as posicións deontoloxistas defenden que estas normas deben seguirse aínda que iso supoña que teña lugar unha situación peor.

Actos e omisións Outra forma moi importante na que unha posición pode ser deontoloxista consiste en considerar relevante a seguinte distinción, separando entre actos e omisións: pode ser xustificado non actuar se ocorre un dano "x" aínda que sexa inxustificado causar ese mesmo dano x. Conforme a esta posición, os nosos actos son avaliables dun modo no que non o son as nosas omisións. É dicir, diferénciase entre cando causamos un dano e cando, debido a que non actuamos, ese dano ten lugar a pesar de que poderiamos evitalo. Esto veríase claramente no dilema do tranvía, no que sería moralmente adecuado non pulsar a palanca e así salvar a máis xente se iso implica quebrar unha prescripción tal como "non matar".

Principio de dobre efecto Outras posturas son deontoloxistas porque realizan unha distinción entre danos previstos e danos intencionados. É dicir, entre o que sucede cando actuamos co propósito de causar un dano e cando actuamos sen desexar provocar ese dano pero sabendo que o imos causar. Moitas posicións deontoloxistas consideran que a mesma acción pode ser avaliada como correcta ou incorrecta en función da intención buscada con ela.

Exemplo: nun certo hospital aceptan unha norma deontolóxica que prohibe a eutanasia. Atópase o caso dun bebé cunha enfermidade incurable que sofre dores tremendos e que morrerá en breve. Saben que se lle dan un tratamento ao bebé para paliarlle a dor, o bebé non soportará a medicación e morrerá. Deciden darlle o tratamento, e o bebé morre. Posteriormente alguén pregunta por que lle administraron ese tratamento. O persoal do hospital indica que para paliar a dor. Non hai ningún problema ante isto. Se, en cambio, a súa resposta fose que para acabar coa vida de sufrimento do bebé, habería unha denuncia. A acción, porén, sería a mesma. E en ambos casos o persoal sabe o que estaba a facer: dar un fármaco ao bebé que lle ía quitar a dor e tamén a vida.

Dende posicións deontoloxistas deféndese en moitos casos que pode ser aceptable dar ao bebé o tratamento para paliar a súa dor, a pesar de que se saiba que iso tamén causará a súa morte. A corrección depende só da intención. Aquí a morte sería un efecto previsto pero non desexado da acción. En cambio, segundo estas posicións podería ser inaceptable administrar o tratamento co fin de acabar coa súa vida sen dor. Esta idea coñécese como o principio do dobre efecto: a distinción entre efectos desexados e efectos previstos pero non desexados é relevante e aceptable nas nosas decisións morais. Segundo esta posición, aínda que actuar para que suceda un dano calquera sexa inxustificado, pode ser xustificado actuar para que suceda un ben y aínda sabendo que iso necesariamente fará que tamén suceda ese dano. Este nome débese a que as accións nas que se aplica teñen dous efectos, o querido e o non querido pero coñecido).

Prioridade dos efectos directos sobre os indirectos Outra asimetría Deontolóxica que adoita relacionarse coa anterior consiste na distinción entre distintas formas de actuar en función de se os efectos que avaliamos van ter lugar de forma directa ou indirecta. Ás veces considérase que causar danos directos (ou beneficios directos) é peor que causalos de forma indirecta.

Prioridade da asistencia sobre a prevención Hai un tipo de posición deontolóxica que, nun certo sentido, é un caso da anterior, pois céntrase no inmediato, pero que introduce tamén outra peculiaridade propia, polo que procede presentala de forma independente. Estas sosteñen que o deber de axudar a quen xa está sufrindo un dano ten prioridade sobre o deber de previr, de entrada, que ese dano teña lugar aquí un exemplo:

Cos mesmos recursos, pódese optar entre reducir as probabilidades de sufrir accidentes graves ou reducir as probabilidades de que, de sufrir un accidente grave, as consecuencias sexan nefastas. O primeiro é case sempre máis eficiente en termos dos resultados finais obtidos. É dicir, investir recursos en previr accidentes ten xeralmente mellores resultados que investir en dar asistencia a quen xa sufriu un accidente. Fai que, de maneira global, menos xente morra ou sufra danos graves. Isto ocorre, por exemplo, no caso dos accidentes de tráfico. Porén, debido a que a xente adoita considerar inaceptable non socorrer a quen sufriu un accidente, séguense empregando recursos nisto último que, utilizados en prevención, salvarían máis vidas.

Maximización do cumprimento de prescricións deontolóxicas Non todas as posicións deontolóxicas se basean en asimetrías coma as anteriores. Unha teoría pode, pola contra, prescribir que se maximice —ou que simplemente se satisfaga ata certo punto— o cumprimento dun determinado fin, e seguir sendo deontolóxica no canto de consecuencialista, sempre que ordene promover ese fin non porque facelo faga que as cousas vaian mellor, senón porque actuar así se considera correcto en si mesmo. Por exemplo, unha concepción da xustiza podería prescribir que se acade a situación máis xusta posible aínda cando iso reduza a cantidade total de valor existente; a súa variante satisfaccionista esixiría actuar en prol dese fin polo menos ata certo punto, de novo non porque iso mellore a situación, senón porque é o correcto. Dado que estas posicións dan prioridade ao correcto sobre o bo e non admiten ningunha razón para actuar que dependa de que se promova o valor, son deontolóxicas malia teren unha estrutura maximizadora (ou satisfaccionista). Non son as formas máis representativas do deontoloxismo —que son as que incorporan as restricións asimétricas antes descritas—, mais ilustran aínda máis a variedade de posicións que a etiqueta pode abranguer.

Principios

Principio lóxico Ten como obxectivo a secuencia de actos e medios para proporcionar seguridade para descubrir a verdade e evitar erros. No mundo laboral, este principio utilízase para o proceso de toma de decisións, aínda que sexa necesario restar a un profesional con características esenciais para o desenvolvemento operativo da empresa.

Principio xurídico Ofrece as partes no proceso de igualdade de trato, na demanda e xustiza na decisión, atribuíndo o dereito de quen for o seu titular.

Principio político Ofrece garantía social dos dereitos, ten como obxectivo a pacificación social. Ten correspondentes principios epistemolóxicos na Constitución Federal brasileira, o principio de lealdade procesual e o duplo grao de xurisdición.

Kant thumb|Immanuel Kant|right En Kant, a deontoloxía baséase en dous conceptos: a razón práctica e a liberdade.Flew, Antony. 1979. "Consequentialism". In A Dictionary of Philosophy, (2nd Ed.). New York: St Martins: 73. Actuando por deber é a forma de darlle á acción valor moral, á súa vez, a perfección moral só pode ser alcanzada por unha vontade libre. O imperativo categórico no dominio da moralidade é a forma racional do "deber-ser", determinando a vontade sometida á obriga. O predicado "obrigatorio" da perspectiva deontolóxica designa, na visión moral, o "respecto de si".

Kant considera que son só as cousas boas a priori as que teñen un verdadeiro valor moral. A partir de alí, fai unha distinción entre a Autonomía da voluntade e a Heteronomía da voluntade. A Autonomía consistiría en determinar á voluntade a actuar baixo a representación dos imperativos morais fundamentados pola propia razón e os principios a priori, mentres que a Heteronomía refire a calquera cousa que impulse a vontade a actuar (Kant refírese as máis das veces á felicidade, que é o principio básico das éticas utilitaristas).

Outro dos conceptos máis importantes da ética deontolóxica kantiana é o do Reino dos fins. Para Kant, "Un ser racional pertence ao reino dos fins como membro se lexisla universalmente dentro do mesmo, mais tamén está sometido el mesmo a esas leis". Os fins para Kant son moi diferentes a como os concibe o consecuencialismo. Para el, os seres humanos son os fins en si mesmos.

Porén, unha das críticas máis usuais á ética kantiana é a pouca o case nula importancia que outorga Kant ao sentimento e ás inclinacións humanas. Grandes filósofas como Carol Gilligan ou Esperanza Guisán sinalaron que esta ética é predominantemente masculina e ideal. Para Esperanza Guisán, Kant desenténdese do home de carne e óso, abocando por un hombre ideal, case platónico, que non toma en conta as verdadeiras necesidades humanas.

Entre os pensadores máis influenciados por esta ética, atópanse grandes figuras como John Rawls, Jürgen Habermas ou Adela Cortina.

Deontoloxía profesional Deontoloxía tamén se refire ao conxunto de principios e regras de conduta — os deberes — inherentes a unha determinada profesión. Así, cada profesional está suxeito a súa deontoloxía propia para regular o exercicio da súa profesión, segundo o Código de ética da súa categoría. Neste caso, a deontoloxía é entendida como un conxunto codificado de obrigas impostas aos profesionais dunha determinada área, no exercicio da súa profesión. Son normas estabelecidas polos propios profesionais do sector, cuxo obxectivo non é exactamente a calidade moral mais a corrección das súas intencións e accións, en relación cos dereitos, deberes ou principios, nas relacións entre a profesión e a sociedade.