XCP, ou na súa identificación en inglés Universal Measurement and Calibration Protocol é unha interface de lectura e escritura nos accesos dunha ECU, enfocado á recollida de medidas de calibración de sensores ou outros instrumentos que precisen ser calibrados. O x en XCP referencia á gran variedade de protocolos de calibración sobre os que pode traballar (CAN, CAN FD, Ethernet, Flexray...). O acceso a parámetros e variábeis de medida faise baixo un principio de táboa de direccións. As propiedades dos valores e a súa dirección de memoria veñen descritas nun ficheiro de formato A2L. O A2L contén toda a información requirida para habilitar o acceso a esa dirección de memoria e interpretar a información recollida. XCP está deseñado como unha solución master-slave. Un controlador contén un driver de protocolo que responde a peticións de acceso por parte do master.
O método funciona de xeito universal, aínda que é principalmente empregado para calibrar sensores dun vehículo, non está limitado a sistemas embebidos ou ECUs. XCP pode empregarse para adquirir medidas de axuste de parámetros de calquera aplicación de software, incluso dunha simulación de PC.XCP
Vantaxes
Protocolo estandarizado pola asociación internacional ASAM. Optimizado para un uso mínimo de recursos (rutinas, cargas do bus) Medidas sincronizadas cos eventos que recollen. Engádense marcas temporais durante a recollida de datos. Comunicacións de Plug-and-play entre o máster e o escravo ordeando as funcións dispoñíbeis no lado do escravo. XCP é capaz de pontear (Bypassing). XCP mide o espertar do equipo electrónico, no acendido. Como un protocolo de dúas capas, XCP separa protocolo e transporte e usa unha relación dun só master e múltiples escravos, master/multi-slave.
Notas
Categoría:Tecnoloxías do automóbil