Execución inminente (en ) é un filme estadounidense de 1999 dirixido por Clint Eastwood e baseado na novela homónima de Andrew Klavan. Eastwood tamén é o protagonista do filme, e interpreta un xornalista que recolle a nova da execución dun preso, e que descobre que o convicto podería ser en realidade inocente.
O filme estreouse orixinalmente o 19 de marzo de 1999 e foi un fracaso de recadación, conseguindo só 16 millóns de dólares contra un orzamento de 55 millóns en produción.
Personaxes
Clint Eastwood como Steve Everett Isaiah Washington como Frank Louis Beechum Denis Leary como Bob Findley Laila Robins como Patricia Findley LisaGay Hamilton como Bonnie Beechum James Woods como Alan Mann Bernard Hill como Warden Luther Plunkitt Diane Venora como Barbara Everett Francesca Eastwood como Kate Everett Marissa Ribisi como Amy Wilson Michael McKean como Reverendo Shillerman Mary McCormack como Michelle Ziegler Michael Jeter como Dale Porterhouse Hattie Winston como Angela Russel Penny Bae Bridges como Gail Beechum Frances Fisher como D.A. Cecilia Nussbaum
Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Clint Eastwood Categoría:Filmes de Malpaso Productions Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes de 1999 con versión en galego