Soiuz MS-03 foi unha misión espacial tripulada de Rusia lanzada o 17 de novembro de 2016 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz MS-03, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Oleg Novitskii, Thomas Pesquet e Peggy Whitson a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A tripulación adicouse a facer experimentos na estación durante a súa estancia. A nave regresou o 2 de xuño de 2017.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz FG Estación Espacial Internacional

Categoría:Programa Soiuz