Soiuz MS-04 foi unha misión espacial tripulada de Rusia lanzada o 20 de abril de 2017 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz MS-04, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Fiodor Iurchikhin e Jack D. Fischer a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. Foi a primeira misión Soiuz tripulada por dúas persoas en lugar das tres habituais en 14 anos. A tripulación adicouse a facer experimentos na estación durante a súa estancia. A nave regresou o 3 de setembro de 2017.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz FG Estación Espacial Internacional

Categoría:Programa Soiuz