Clemente Calvar Solla, nado en Moaña cara a 1892 e finado en Xinzo (Ponteareas) o 5 de abril de 1937, foi un político galego.

Traxectoria

Afiliado á CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e o 5 de abril de 1937 foi asasinado polos falanxistas no Pinal do Foxo (Xinzo, Ponteareas) con Manuel Cividanes, Manuel Álvarez Pereira, Serafín Chaves Bispo, Perfecto Méndez Pastoriza, Manuel Quintas Figueroa, Ángel Rodal Blanco e Francisco Aldao Gallego. Vida pereoal

Era irmán de José, Manuel e Basilio Calvar Solla. Foi pai de Manuel Calvar González.

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Moaña Categoría:nados en 1892 Categoría:Finados en 1937