Soiuz TMA-03 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 21 de decembro de 2011 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TMA-03M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Oleg Kononenko, André Kuipers e Donald Pettit a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante cerca de seis meses. A nave acoplouse ao módulo de investigación Rassvet (MRM1, Mini Research Module 1). Regresou o 1 de xullo de 2012 ás 8:14 GMT.
A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-03M estaba formada por Akihiko Hoshide, Iuri Malenchenko e Sunita Williams.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA-M Soiuz FG Estación Espacial Internacional
Notas
Categoría:Programa Soiuz