Trae Bell-Haynes, nado o 5 de setembro de 1995 en Toronto, é un xogador profesional de baloncesto canadense. Cunha altura de 1,88 m xoga na posición de base. Formado na Universidade de Vermont, actualmente xoga para o Casademont Zaragoza da Liga ACB.

Traxectoria Nado en Toronto, Trae Bell-Haynes formouse na Escola Secundaria de Bill Crothers, situada ás aforas da cidade. Alí foi capitán do equipo e líder en anotación. Posteriormente ingresou na Universidade de Vermont. Cos Vermont Catamounts fixo unha media de 11,7 puntos, 3 rebotes e 4 asistencias por partido en catro temporadas, destancando a súa última, onde fixo unha media de 14,6 puntos, 4,3 asistencias e 4,1 rebotes. Durante esta etapa foi escollido habitualmente nos quintetos destacados da conferencia America East e nomeado mellor xogador nas dúas últimas temporadas. Após finalizador a súa estancia universitaria, tras non saír seleccionado no Draft da NBA, disputou a liga de verán da NBA cos Milwaukee Bucks.

A súa primeira experiencia como profesional sería en 2018 na Basketball Bundesliga alemá cos Skyliners Frankfurt. Alí fai unha media de 6,1 puntos e 2,6 asistencias por encontro. Ao ano seguinte, após pasar por ligas de desenvolvemento norteamericanas, regresa a Europa cos Helsinki Seagulls da Korisliiga, onde destaca con 12,8 puntos e 4,8 asistencias por encontro. Na temporada 2020−21 regresa á Bundesliga cos Crailsheim Merlins, onde consegue ser nomeado o Mellor Xogador Ofensivo da competición cunha media de 16,8 puntos e 7,2 asistencias e 3,8 rebotes por partido. O 16 de xullo de 2021 asina polo Río Breogán da Liga ACB, onde fai unha media de 12,9 puntos e 4,1 asistencias por encontro. Apos finalizar o seu contrato co Breogán, asina co Budućnost VOLI.

Clubs Ao longo da súa carreira, Bell-Haynes ten xogado para os seguintes equipos profesionais: Skyliners Frankfurt (BBL / Eurocup, 2018–2019) Niagara River Lions (CEBL, 2019) Helsinki Seagulls (Korisliiga, 2017−2018) Niagara River Lions (CEBL, 2020) Crailsheim Merlins (BBL, 2020–2021) CB Breogán (ACB, 2021−2022) Budućnost VOLI (Prva A / Eurocup, 2022−2023) Basket Zaragoza (ACB, 2023−presente)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en basketball.realgm.com

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Toronto Categoría:Xogadores de baloncesto do Canadá Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores do Skyliners Frankfurt Categoría:Xogadores do Crailsheim Merlins Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do KK Budućnost Podgorica‎ Categoría:Xogadores do Basket Zaragoza 2002