José Taboada Zúñiga, nado en Monforte de Lemos cara a 1886 e finado no mesmo concello en maio de 1966, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de José Taboada Rodríguez Varela de Temes e Paz Zúñiga Laporte, foi o herdeiro do pazo de Tor. Estudou no Colexio dos xesuítas de Camposancos. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1908.La Noche, 7-7-1958, p. 2. Foi nomeado concelleiro de Santiago de Compostela en 1927.Heraldo de Galicia, 20-10-1927, p. 3. Finou en Monforte de Lemos a principios de maio de 1966 con 79 anos.El Progreso, 11-5-1966, p. 7.
Vida persoal Casou en 1909 con María de Andrés García Cuenca, e foi pai de María de la Paz e Fernando Taboada de Andrés.El Ideal Gallego, 7-3-1931, p. 5.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Genealogía de la Torre-fuerte de la Candaira Retrato de José Taboada de Zúñiga
Categoría:Avogados de Monforte de Lemos Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1966