Hyalinobatrachium yaku é unha especie de ra da familia Centrolenidae. Distribúense nas provincias de Pastaza, Orellana e Napo, no leste de Ecuador.

Unha das características desta especie é a transparencia do bandullo e dalgúns dos órganos, sendo posible ver o corazón e as veas. Ten tamén un comportamento pouco común entre as ras, que consiste no coidado parental do macho, quen defende os ovos postos pola femia. O seu nome deriva da palabra en kichwa yaku que quere dicir "auga". Recibiu ese nome porque a especie, como todas as ras de cristal, precisan auga limpa para reproducirse. Aínda non foi catalogada pola UICN, mais os autores da descrición da especie suxiren que se clasifique como "con datos insuficientes" pola falta de información precisa sobre a súa distribución e poboación, así como a posibilidade de que sexa amenazada pola expansión da minaría e a extracción de petróleo na rexión.

Notas

Categoría:Anfibios de Ecuador Categoría:Animais descritos en 2017