Abu Abdullah Muhammad al-Idrisí al-Qurtubí al-Hasaní as-Sabtí (en árabe: أبو عبد الله محمد الإدريسي القرطبي الحسني السبتي‎; en latín: Dreses), coñecido tamén simplemente como Al-Idrisí ou El-Edrís, e como O Árabe de Nubia,Duckett, M. W. (1844): Dictionnaire de conversation à l'usage des dames et des jeunes personnes, Volume 4. París: Langlois et Leclercq, Éditeurs, p. 326. foi un xeógrafo, cartógrafo e exiptólogo musulmán do século XII, que pasou a maior parte da súa vida en Palermo, Sicilia, na corte do rei normando Roxerio II. Creou o Kitāb Rūŷar ou Libro de Roxerio, unha obra xeográfica cuxa cartografía denomínase Tabula Rogeriana, un dos mapamundis lmedievais máis avanzados.

Traxectoria Muhammed al-Idrisí naceu (probabelmente) Ceuta daquela pertencente ao Califato almorábide. De familia nobre dos hammudíes de Málaga e do rei Idris II. A súa familia abandonou Málaga ao caer esta en mans do reino de Granada en 1057. Educado en Ceuta, trasladouse despois a Córdoba, cidade que describe con minuciosidade na súa obra de xeografía. En data indeterminada foi invitado por Roxerio II de Sicilia, rei normando establecido na illa de Sicilia, para o que se supón que cartografou unha esfera celeste e un disco representando o mundo coñecido no seu tempo, ambos os traballos en prata.

En 1154, Al-Idrisí confeccionou un gran mapamundi orientado en sentido inverso ao utilizado actualmente (o norte abaixo e o sur arriba), coñecido como a Tabula Rogeriana, acompañado por un libro, denominado Xeografía. O rei siciliano deu a estas obras o nome conxunto de Nuzhat al-Mushtak, aínda que na obra de Al-Idrisí aparecen mencionadas como Kitab Ruyar ("Libro de Roxerio").

Atribúeselle tamén a elaboración dunha segunda edición ampliada, realizada en 1161, co título de Os xardíns da humanidade e o entretemento da alma, pero todas as súas copias perdéronse. Unha versión abreviada desta edición, chamada Xardín dos Gozos, aínda que máis coñecida como o Pequeno Idrisí, publicouse en 1192. Porén, non se teñen probas fiábeis da súa autoría.

Ademais destas dúas obras xeográficas, Al-Idrisí redactou unha enciclopedia de farmacoloxía chamada Kitāb al-ğāmi’ li-ṣifāt aštāt an-nabāt wa-ḍurūb anwā’ al-mufradāt ("Libro compendio da descrición de diferentes plantas e as diversas especies de simples medicinais").

Froito da súa viaxe pola Península Ibérica foi a obra Descripción de España de Xerif Aledris, conocido por el Nubiense, impresa en 1799.

Libro de Roxerio miniatura|esquerda|240px|Mapamundi pertencente á Tabula Rogeriana. Nótese que o sur aparece na parte superior do mapa.O Libro de Roxerio ou Kitab Ruyar, que mostra o mundo dividido en sete rexións climáticas, facilita as distancias entre as cidades principais e describe os costumes, as persoas, os produtos e o clima do mundo coñecido.

Este libro non é unha fonte histórica perfecta, xa que Al-Idrisí, seguía o costume daquela época e de séculos posteriores, e baseose noutras fontes. Por exemplo, combinou a descrición da antiga Polonia coa do territorio da actual República Checa, como "un país rodeado por montañas".

A principal inspiración de Al-Idrisí foron dous xeógrafos da era preislámica: Paulo Orosio, un hispano cuxa historia popular, escrita no século V, incluía un volume de xeografía descritiva, e Claudio Ptolomeo, o maior dos xeógrafos clásicos, cuxa Geographia, escrita no século II, perdérase totalmente para Europa, pero se conservara no mundo musulmán nunha tradución ao árabe. Logo daríase a coñecer novamente tras a tradución ao latín por Jacobus Angelus entre 1405 e 1410.

O seu método de traballo, á parte da visita directa aos lugares descritos, foi tras o exame en detalle da distribución xeográfica das obras reunidas polo rei de Sicilia Roxerio II. Esta illa do Mediterráneo central, enclave comercial por excelencia, constituía un excelente punto de partida para a investigación. Durante anos, cada vez que un buque atracaba en Palermo, Mesina, Catania ou Siracusa, interrogaban á súa tripulación e pasaxeiros acerca dos lugares que visitaran. Como é o clima do país, os seus ríos e lagos, as montañas, as configuracións das zonas costeiras e o solo? Como son as súas estradas, os seus edificios, os monumentos, os cultivos, o artesanado, as importacións, as exportacións e as marabillas? Como son, finalmente, a súa cultura, a relixión, os costumes e o idioma? Ademais diso enviáronse expedicións científicas ás zonas das que se carecía de información.

Relevancia miniatura|300px|Mapamundi pertencente á Tabula Rogeriana miniatura|300px|O mesmo mapa, posto do revés Considérase a Al-Idrisí como un dos máis importantes xeógrafos medievais, dada a cantidade de información xeográfica recompilada. Así mesmo, sostivo a teoría da esfericidade da Terra e, aínda que os seus mapas tiñan forma circular, explicaba que o disco só simbolizaba a forma do mundo: "a Terra e redonda como unha esfera, e as augas adhírense a ela e mantéñense nela a través de un equilibrio natural que non sofre variación".

Non foi o único sabio medieval, documentándose a tese da esfericidad da Terra xa desde o século V  a.C. (contrariamente á lenda de que até Colón todo o mundo cría que a Terra era plana).

O seu relato da travesía da Maghrurin ou "Homes enganados" desde Lisboa polo Atlántico (unha viaxe na que probabelmente visitaron Madeira e as Canarias) influíu probabelmente nas travesías posteriores de españois e portugueses cara a América e ao redor de África, respectivamente.

Porén, Al-Idrisí compartía o temor dos seus contemporáneos cara ao océano Atlántico como escuro, frío e interminábel (Mare Tenebrosum), idea suxerida xa por Eratóstenes a partir dun cálculo aproximado da distancia a Asia polo oeste.

Na España do século XVI, o Nuzhat al-Mushtak foi a obra preferida para aprender o árabe, tanto polos mouriscos como polos monxes cristiáns. Isto contribuíu a acrecentar a súa popularidade. Citado en

Morte de Al-Idrisí Non existe constancia acerca do lugar da súa morte. Podería ocorrer tanto en Córdoba,Idrisi na Encyclopédie berbère. como en Ceuta ou nalgún lugar de Sicilia. En 1138, Al-Idrisí fora invitado por Roxerio II de Sicilia a Palermo porque alí estaría a salvo dos "reis musulmáns", celosos da procedencia de Al-Idrisí, pertencente á "casa do Califato" segundo unha expresión atribuída ao propio Roxerio II de Sicilia. Existe certo consenso entre os investigadores respecto a que permaneceu en Sicilia até o falecimiento de Roxerio II en 1154, e é probábel que permanecera alí até a súa propia morte. Outras fontes indican que retornou a Ceuta.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Rossana Bercellona et al. (2017): Il Mediterraneo al tempo di al-Idrīsī: relazioni tra Nord e Sud, Oriente e Occidente. Ragusa: Edizioni di storia e studi sociali. 189 páxinas. ISBN 978-88-9916-824-7 , . Michele Amari (1854): Storia dei Musulmani di Sicilia, Volume III, F. Le Monnier, pp. 662-658. Muammad B. Muammad Idrîsî (2014): Description De L'afrique Et De L'Espagne Texte Arabe Publie Pour La Premiere Fois D'apres Les Man. De Paris Et D'Oxford Avec Une Traduction, Des Notes Et Un Glossaire Par R. Dozy Et M. J. De Goeje. ISBN 978-5-5190-8541-0.

Outros artigos Historia da cartografía

Ligazóns externas Idrisi na Encyclopédie berbère .

Categoría:Cartógrafos Categoría:Nados en 1100