Eremburga de Mortain, nada en 1057 e finada en Mileto en 1087, foi unha nobre que foi condesa de Sicilia por ser a segunda esposa do conde Roxerio I de Sicilia.
Traxectoria Eremburga era filla do conde Guillerme de Mortain e da súa esposa Matilde de Escocia (tamén colecida como Matilde de Montgomery).
En 1080 casou co conde Roxerio I de Sicilia.
Eremburga morreu na Abadía da Santísima Trindade de Mileto en 1087, pouco despois de que Roxerio I conquistara Butera.
Descendencia Do seu matrimonio con Roxerio I tivo os seguintes fillos: Mauguer (c. 1080 - 1100), conde de Troina. Muriella, que casou con Guiosberto de Lucia. Constanza (morta c. 1101), casou en 1095 con Conrado II de Italia, rei de romanos. Felicia (c. 1078 - 1102), casou co rei Colomán de Hungría. Xudite (morta en 1136), casou con Roberto I de Bassunvilla.
Véxase tamén Bibliografía Malaterra, Goffredo (2005): The deeds of count Roger of Calabria and Sicily and of his brother duke Robert Guiscard. Ann Arbor, Míchigan, USA: The University of Michigan Press. ISBN 0-4721-1459-X. Norwich, John Julius (2004): The Normans in Sicily. The Normans in the South 1016-1130 and the Kingdom in the Sun 1130-1194. Londres, RU: Penguin Books. ISBN 978-0-1401-5212-8.
Outros artigos Condado de Sicilia Roxerio I de Sicilia
Categoría:Nobres de Inglaterra Categoría:Nados en 1057 Categoría:Finados en 1087