Camilo Agrasar Vidal, nado en Padrón o 31 de decembro de 1907 e finado no mesmo concello o 2 de abril de 1983, foi un barbeiro e promotor cultural galego.
Traxectoria
Barbeiro de profesión, o seu local funcionaba como unha especie de ateneo. Interesouse por todas as actividades culturais galegas, especialmente as referidas a Rosalía de Castro. Desde 1947 conservou e custodiou a Casa da Matanza con Xosé Mosquera Pérez e José Villar Granjel. Foi o organizador da Coroación de Ramón Cabanillas (Padrón, 1958).
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría:Personalidades da cultura de Galicia Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes