Ronald Delaine Baker, nado o 30 de marzo de 1993 en Hays, Kansas, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional que xogou durante tres anos na National Basketball Association (NBA).
Traxectoria Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2016, Baker uniuse ós New York Knicks para a Liga de Verán da NBA de 2006. O 1 de agosto de 2016, asinou cos Knicks. Debutou cos Knicks o 25 de outubro de 2016, facendo cinco puntos e un rebote en sete minutos de xogo na derrota por 117–88 contra os Cleveland Cavaliers. O 7 de agosto de 2017, Baker asinou un novo contrato cos Knicks. Foi cortado polos Knicks o 13 de decembro de 2018.
O 20 de decembro de 2018, Baker asinou cos Washington Wizards, pero foi cortado o 7 de xaneiro de 2019 tras participar en tan só catro partidos.
O 1 de agosto de 2019, Baker asinou un contrato co PBC CSKA Moscova da VTB United League e da Euroliga. O 27 de maio de 2020, Baker deixou o CSKA.
O 25 de agosto de 2021, Baker anunciou a súa retirada coma xogador profesional de baloncesto.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Kansas Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores do PBC CSKA Moscova