A Historia de don Servando é unha crónica manuscrita redactada en lingua galega entre 1625 e 1637. Trátase da obra máis extensa escrita en galego do seu tempo. O texto coñecese a través de múltiples copias, facilitadas inicialmente por José Pellicer de Ossau Salas y Tovar, nas que se introduciron profundas alteracións, especialmente lingüísticas, respecto ao orixinal, que se conserva no Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela.A história de Dom Servando, edição do manuscrito e estudo en Dialnet.
Características A obra é tamén coñecida como História gótica, ou polo título completo Historia de Don Servando, obispo de Orense, traducida en lengua gallega y adicionada por Don Pedro Seguino, obispo también de Orense, que vivía Era 1191. Año 1193. Trasladada de sus originales en letra gótica por don Joseph Pellicer de Touar, Señor de la casa de Pellicer. Cronista Mayor de su Magestad. Año de MDCXLVI.
Foi ideada por Juan Fernández de Boán y Araujo (1587-1639),"Boán, de Ourense (ex Lugo)" (10/5/2003). Xenealoxía.org. entre 1625 e 1637, co fin de xustificar orixes nobres para ascender de escala social.
Ao tratarse dun falso cronicón, o seu valor como documento histórico é moi escaso. Pola contra, é unha fonte esencial para o estudo da lingua galega, ao tratarse dunha das poucas manifestacións conservadas do galego escrito no tempo dos Séculos Escuros.
+ Algunhas copias do manuscrito: miniatura|220px|page=5|Manuscrito da Fundación Penzol.Manuscrito da Fundación Penzol en Galiciana. Biblioteca de Galicia. miniatura|220px|page=9|Manuscrito da Biblioteca Nacional de Portugal.Manuscrito na Biblioteca Nacional de Portugal.
Edicións modernas O texto apareceu publicado transcrito en Galicia. Revista Universal de este Reino, en catro entregas, a partir do número 5, do 1 de decembro de 1860.
+ Transcrición do texto en Galicia. Revista Universal de este Reino (1860-1861): miniatura|220px|page=9|N.º 5 do 1/12/1860. miniatura|220px|page=9|N.º 6 do 15/12/1860. miniatura|220px|page=7|N.º 9 do 1/02/1861. miniatura|220px|page=7|N.º 10 do 15/02/1861.
O estudo máis recente da obra foi feito por José Antonio Souto Cabo en 1997, como tese de doutoramento, e publicado por Ediciós do Castro no ano 2007.ISBN 978-84-8485-250-6.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Manuscrito na Biblioteca Digital Hispánica da Biblioteca Nacional de España. Manuscrito da Fundación Lázaro Galdiano na Biblioteca Dixital da Comunidade de Madrid.
Categoría:Obras literarias do século XVII Categoría:Novelas en galego Categoría:Libros no dominio público Categoría:Manuscritos Categoría:Falsificación Categoría:Crónicas