Moncha Prieto, nada en Gundivós (Sober) en 1951, é unha escritora e locutora radiofónica galega.

Traxectoria Viviu en Barcelona dende os quince anos ata 1995, cando regresa definitivamente a Galicia. Foi secretaria do Centro Galego de Barcelona e colaborou con diversas asociacións e revistas literarias, como AlboradaRevista Alborada. Ed. Centro Galego de Barcelona, Follas SecasRevista Follas Secas. Ed. Follas Secas, Ourense ou Lúa NovaRevista Lúa Nova. Ed. AC Rosalía de Castro, Cornellà, Barcelona.

De 1985 a 1995 dedicouse ao mundo da radio: puxo en antena o programa Galicia máis cerca, que máis tarde pasaría a denominarse Galicia hoxe; e foi compoñente do magazine matinal Bonico en Radio Gramenet (Santa Coloma de Gramenet). Neste eido, promoveu a fundación da coordinadora Ergac (Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya), sendo a súa primeira presidenta; foi correspondente de Radio Progreso de Miami, sección noticias; e participou en Radio Exterior da Radio Galega.

Impulsora do evento poético e musical Escaleira Literaria, baixo padroádego do Concello de Sober.

Participou no libro colectivo Voz e Voto, en homenaxe a Celso Emilio Ferreiro; e coordinou a edición de Vivir en presente.

En maio de 2021 publica Alma de Barro: Relatos da Ribeira Sacra, libro integrado por 18 relatos baseados en feitos reais.

Obra Prosa

Alma de Barro; Relatos da Ribeira Sacra, con prólogo de Basilio Losada. Poesía As esquinas da vida e A túa voz; poemas en Vivir en presente. Premios 1º premio: Certame de Cartas de Amor. Radio Fene, 2003"Verbas de amor con premio" Vieiros, 14/2/2003.

3º premio: Certame Internacional de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro, 1991.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Edicións Xerais. Ficha da autora

Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega

Categoría:Nados en Sober

Categoría:Nados en 1951