Réaltán Ní Leannáin, nada en Belfast en 1960 é unha escritora irlandesa.

Nós Diario publicou en setembro de 2021 o seu relato Golpe de estado no proxecto Un verán en Galeusca, impulsado entre VilaWeb, Berria e Nós Diario, coa novidade da participación do medio irlandés Belfastmedia.

Traxectoria Pasou a súa mocidade e adolescencia durante os anos sesenta e setenta en Belfast, para despois vivir en Dublín.

Réaltán comezou a ensinar irlandés e español en escolas de secundaria nivel nos anos oitenta. Pasou un tempo por toda España e ten experiencia en moitos dos diferentes idiomas que se falan no estado. Despois pasou á educación superiro, impartindo clases de educación no Trinity College e na Dublin City University . De alí foi á Queen's University, Belfast.

Mentres daba clases na Queen's University desenvolveu un cancro. Non obstante, superou esta dificultade e escribe desde 2007. Publicou unha colección de poesía, Turas Ailse (2011), baseada nesta experiencia. Leva blogs sobre cancro e outros aspectos da súa vida e repasa libros acabados de publicar. Tamén colabora con chíos nas redes.

En 2015 Cló Iar-Chonnacht publicou a súa colección de relatos, Dílis, unha visión desapiadada das mulleres sobre a vida. Tiña moita demanda e provocou controversia coa súa decidida perspectiva.

Réaltán é a primeira escritora irlandesa en ser seleccionada polo Foras na Gaeilge para o proxecto internacional de escritura Focail Eile. Este é un programa de asociación entre organizacións culturais de toda Europa co obxectivo de establecer unha rede de colocacións creativas para escritores europeos en linguas minoritarias e minorizadas.

As súas narracións apareceron en varias revistas e antoloxías. Está a editar unha antoloxía de relatos coa Editorial Éabhlóid. Os escritos de Réaltán Ní Leannáin habitúan tratar temas relacionados cos lazos de familia, os barrios urbanos e a relixión, tres elementos que se entrelazan nas súas obras.

Publicacións

Libros

Turas ailse (2011) Coiscéim, unha colección de poesía Dílis (2015), Cló Iar-Chonnacht, unha colección de relatos ISBN: 9781784441234 Cití na gCártaí (2019). Novela que está ambientada tanto en Malta como en Belfast durante os últimos anos da Primeira Guerra Mundial

Colaboracións "An páiste deiridh" (2012) en An Guth 7 (Rody Gorman, editor), Coiscéim, poema.

"Aerfort" (en Dilis), un texto proposto por NCCA para o primeiro ano do novo TS. "Clic", un relato breve, en Feasta, marzo de 2014. "Impirí", un relato breve, no An tUltach, decembro de 2015.

"Teas", un relato breve, en Comhar, outubro de 2015. "Is Iomaí Cor", un relato breve, en http://www.otherwordsliterature.eu/ (2016), traducións dispoñibles na páxina en inglés e noutros idiomas.

"Bongú", un fragmento dunha novela, no An tUltach, Semana Santa de 2016 "Watching", ficción flash, The Incubator, número 13, agosto de 2017

"Doors", un relato breve, The Incubator, número 14, decembro de 2017

"An Cor nach gCastar", un drama radiofónico, ( Raidió na Life ), producido en 2018

Notas

Categoría:Escritores en lingua irlandesa Categoría:Nados en Belfast Categoría:Nados en 1960